Dieudonné Salme, nado en GlainIntegrado no concello de Liexa en 1977 o 1 de xuño de 1836 e finado en Liexa o 26 de marzo de 1911, foi un escritor belga, autor da primeira novela en lingua valoa, Li Houlot.

Traxectoria Procedente dunha familia de armeiros, Dieudonné dedicouse primeiro á profesión dos seus devanceiros e logo traballou nos hospicios civís. Comezou a escribir en valón en 1858, difundindo cancións e monólogos en follas volantes. En 1872, Dieudonné Salme fundou e foi o primeiro presidente do Caveau liégeois. A súa poesía recolleuna no volume Tonires et blouwets publicado en 1878. Escribiu pezas teatrais, fundamentalmente comedias, como Quoitte po quoitte que apareceu en 1879. Pero as súas obras máis recoñecidas foron as dúas novelas que publicou Li Houlot (1888), de carácter histórico, e Pitchete (1890).

Notas

Categoría:Nados en 1836 Categoría:Finados en 1911 Categoría:Nados en Liexa Categoría:Escritores de Bélxica Categoría:Escritores en lingua valoa