miniatura|Sebastiano Satta, ás esquerda, co escultor Francesco Ciusa Sebastiano Satta, nado en Nuoro o 21 de maio de 1867 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1914, foi un poeta, avogado e xornalista sardo.
Traxectoria Fillo do avogado Antonio Satta e de Raimonda Gungui, quedou orfo de pai cando tiña cinco anos. Graduouse en dereito en Sassari en 1894, e exerceu como avogado penalista en Nuoro. Poeta en lingua sarda e italiana, foi un dos animadores da vida cultural nuoresa de entre séculos. En publicou 1893 Versi ribelli, escolma de poesías compostas en Boloña mentres facía o servizo militar, moi influenciados pola obra de Giosuè Carducci. Fundou en 1892 con Gastone Chiese L'Isola en 1892, do que foi directorSebastiano Satta en Autori Sardi. Seguiu a colaborar en revistas literarias con versos, incrementando a súa produción por mor dunha parálise que sufriu en 1908 e que lle impediu seguir a traballar como avogado. De ideas socialistas foi concelleiro de Nuoro entre 1902 e 1903.
A súa poesía é rica de ideais humanitariosSebastiano Satta en treccani.it, inspirada na realidade sarda do seu tempo vista con ollos críticos.
Obra Versi ribelli, 1893. Nella terra dei nuraghes, 1893. Primo maggio, 1896 Ninnananna di Vindice, 1900 Canti barbaricini, 1910. Canti del salto e della tanca, 1924. Canti della culla, 1924. Notas
Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Escritores en lingua sarda Categoría:Xornalistas de Italia Categoría:Poetas en lingua italiana Categoría:Nados na provincia de Nuoro