A rúa da Torre é unha rúa da Coruña que recibe o seu nome por ser unha das vías que une o centro da cidade coa Torre de Hércules. Atravesa o barrio de Monte Alto.La calle Marola será este verano la primera peatonal de Monte Alto
Historia A rúa da Torre xa aparece con este nome na división en cuarteis realizada polo concello en 1835.Parroquias por cuarteles A rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do Entroido da CoruñaO Entroido, unha "festa intocable" da cidadanía coruñesa e nela ten lugar o desfile de choqueiros.El Carnaval de nuestra juventudEntroido dos choqueiros en Turgalicia
Arquitectura Entre os edificios catalogados na rúa da Torre están: Nº 7-9, 15, 19, 21, 23, 25, 27, 37, 39, 41, edificios tradicionais con galerías da primeira metade do século XX. Nº 24, 26, edificios tradicionais con galerías (1900-1936). Nº 16-18, edificios tradicionais con galerías (1875-1902). Nº 35, 46, edificios racionalistas (década de 1940). Nº 36, edificio modernista (1914). Nº 43, edificio de estilo ecléctico.
O edificio na esquina coa rúa de Miguel Servet é un edificio art déco deseñado por Peregrín Estellés (1931). Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Rúas da Coruña