O London Overground (tamén coñecido simplemente como o Overground) é unha rede de ferrocarril suburbano do Reino Unido. Foi creada en 2007, e serve no Gran Londres e parte de Hertfordshire, con 112 estacións espalladas por diversas rutas. Forma parte da rede de National Rail, aínda que baixo o control e imaxe de marca de Transport for London (TfL). A franquía que o opera, London Overground Rail Operations (LOROL), é unha joint venture entre Arriva UK Trains e MTR Corporation . miniatura|Logotipo do London Overground TfL tenlle asignado ao Overground a cor corporativa laranxa coa súa respectiva versión do "TfL roundel" para a representación das súas liñas no mapa do metro, en interiores dos trens e outras localizacións.
Historia
Lanzamento miniatura|Rede do Overground inicial: desde novembro 2007 (laranxa) e a liña do leste de Londres en 2010 (laranxa lixeira). O 11 de novembro de 2007, TfL colleu o relevo da franquía para as rutas do Ferrocarril do Norte de Londres, anteriormente operado por Silverlink Metro.
A cerimonia de estrea oficial foi o 12 de novembro de 2007 na estación de Hampstead Heath polo Alcalde de Londres, Ken Livingstone, recibido polos medios de comunicación na praia de vías de Willesden Junction.
Servizos centro|miniatura|500x500px|Mapa da rede após as últimas ampliacións de 2015 + Frecuencias de rutas actuais Rutas Frecuencia (por hora) Depósito(s) Frota Leste de Londres 4 Highbury & Islington – West Croydon 4 Highbury & Islington – Crystal Palace 4 Dalston Junction – New Cross 4 Dalston Junction – Clapham Junction New Cross Gate Clase 378 ElectrostarNorte e Oeste de Londres 4 Richmond – Stratford 2 Clapham Junction – Stratford 2 Clapham Junction – Willesden Junction (Stratford en horas punta) Willesden TMD Watford Local 3 Londres Euston – Watford Junction Gospel Oak – Barking 4 Gospel Oak – Barking Clase 172 Turbostar London Liverpool Street -Enfield Town /Cheshunt 4 (punta), 2 (val) London Liverpool St. – Enfield Town 2 London Liverpool St. – Cheshunt Ilford TMD Chingford Apts. Gidea Par Apts. Clase 315, Clase 317 London Liverpool St. -Chingford London Liverpool St. – Chingford Romford – Upminster 2 Romford – Upminster miniatura|O "roundel" e letreiro coa cor e tipografía corporativas en 3D na estación de Shadwell
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Transport for London Metro de Londres Docklands Light Railway Tramlink TfL Rail
Ligazóns externas Transport for London. London Overground London Overground Rail Operations Ltd.
Categoría:Londres Categoría:Transporte no Reino Unido Categoría:Ferrocarril no Reino Unido