Aneirin Karadog, nado o 11 de maio de 1982 en Lanelwy, Aneirin Karadog. Rhestr Awduron Cymru Literature Wales é un presentador, cantante e poeta galés.
Traxectoria De pai galesofalante e nai bretoa, naceu no norte de Gales aínda que pasou a maior parte da infancia en Pontypridd, localidade próxima a Cardiff. Estudou lingua francesa e castelá na Universidade de Oxford. Traballou durante un tempo na organización de promoción do galés, Menter Iaith, en Rhondda Cynon Taf e desde 2005 desenvolveu a súa actividade profesional na produtora televisiva Tinopolis, con colaboracións nos programas Wedi 7 , Heno e Sam Ar y Sgrin de S4C e actuou no programa infantil da mesma emisora, Y Barf.
Gañou o Urdd Eisteddfod en 2005 e apareceu no volume colectivo, Crap Ar Farddoni con outros poetas novos: Catrin Dafydd, Hywel Griffiths, Eurig Salisbury e Iwan Rhys. En 2012 publicou deu ao prelo o seu primeiro libro individual: O Annwn i Geltia . Gwybodaeth Lyfryddol gwales.com que logrou o premio ao mellor libro de poesía en galés do ano. Ficha en Literature Wales Foi membro do grupo de hip hop Genod Droog (2005-2008) e do dúo Y Diwygiad, colaborando tamén en álbums doutros grupos: Llwybr Llaethog, Cofi Bach e Tew Shady En marzo de 2012 foi un dos creadores e o presentador de Aneirin Bx3, un espectáculo poético infantil en colaboración con Eurig Salisbury, Catrin Dafydd e Llyr Barmouth.www.celfcymru.org.uk; www.celfcymru.org.uk ] En 2016 gañou o Eisteddfod Nacional."Aneirin Karadog is the chaired bard at the 2016 National Eisteddfod", Daily Post, 6 de agosto de 2016
Obra Crap ar Farddoni (Gwasg Carreg Gwalch, 2006) O Annwn i Geltia (Barddas, 2012) Agor Llenni'r Llygaid (Gwasg Gomer, 2015, poemas para nenos) Bylchau (Cyhoeddiadau Barddas, 2016)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Conta oficial de Twitter
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Denbighshire Categoría:Cantantes de Gales Categoría:Escritores de Gales Categoría:Presentadores de televisión Categoría:Escritores en lingua galesa Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford