Xosé Lois Vilar Pedreira, nado en Baiona en 1965, é un activista cultural, empresario, arqueólogo e historiador galego, especialista en toponimia e arqueoloxía da costa sur de Galicia.

Traxectoria É o máis vello de sete irmáns. Licenciado en Xeografía e Historia, é Director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos e membro da Asociación Galega de Onomástica. Realizou escavacións e estudos no Val Miñor (Chan do Cereixo en Santa Baia das Donas, Panxón…), Toralla, Esposende e As Neves, con especial dedicación á arte rupestre. Tamén imparte charlas sobre a materia e conferencias en universidades. Realiza visitas guiadas ós petróglifos de toda a provincia. Ademais é presidente da Asociación de defensa Medioambiental SOS a Serra da Groba.Rexistro municipal de asociacións de Medio Ambiente Concello de Baiona.

Foi nas listas do BNG de Baiona nas Eleccións municipais de 2011.

Como empresario é o dono dunha cadea de froiterías.

Publicacións "Aeroguía Litoral do Ámbito Territorial da Confraría de Baiona". Con Rodríguez Álvarez, R. 2004. Confraría de Pescadores “A Anunciada”. Baiona nas ondas do tempo (fotografía). 2004. Edicións do Cumio. ISBN 978-84-8289-312-9. "Os nomes do mar". Con Rodríguez Álvarez, Roberto. pp. 6–55 en Raigame n.º 22. 2005. Deputación de Ourense.Raigame. Revista de Arte, Cultura e Tradicións Populares n.º 22 , Deputación de Ourense. "Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón". Con Rodríguez Álvarez, Roberto. pp. 43–56 en Ardentia n.º 3. 2006."Toponimia marítima e fluvial desde o Miño a Panxón" en Ardentia n.º 3 ISSN 1699-3128. Talasonimia da costa sur de Galicia. 2008. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-92590-27-8."En 65 km de costa recollemos 1.600 topónimos, e hai para todos os gustos…" CCG, 24/11/2008. A estación de arte rupestre do Outeiro dos Lameiros. 2008. Con Méndez Quintas, Eduardo. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-92590-32-2. Os nomes do mar de Baiona e Panxón. 2008. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-96950-75-7. "Os nomes do mar. Talasonimia na costa sur galega" pp. 309–338 en Toponimia e cartografía. 2010. CCG. ISBN 978-84-92923-08-3.Sousa, Xulio (ed.) (2010). Toponimia e cartografía. Consello da Cultura Galega.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Instituto de Estudos Miñoranos Ligazóns externas 20px "Talasonimia. Los nombres en el mar" conferencia en UViTV. Entrevista na TVG, programa Na nosa nube, emitida o 16 de xullo do 2014. "A importancia dos nomes do mar de Galicia" conferencia en LGx15.

Categoría:Arqueólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Baiona Categoría:Nados en 1956

Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes