Josep Franch de Pablo, nado o 28 de xaneiro de 1991 en Badalona, Cataluña, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para o Bàsquet Girona da Liga ACB, no que xoga na posición de base cunha altura de 1,92 metros.
Traxectoria Nado en Badalona, Barcelona, formouse nas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o Joventut de Badalona. Tras ir subindo categorías, acaba por chegar ao primeiro verdinegro, onde xoga dúas temporadas na Liga ACB. Durante o verán de 2011 o UCAM Murcia fixo unha oferta polo base que fixo que o club catalán igualase a oferte de tanteo. Con todo, o 17 de agosto unha nova oferta dos murcianos, fixo que o Joventut se retirase e a aceptase. Xoga co CB Murcia durante dous anos, para despois xogar un ano no CB Sevilla e outro no San Sebastián Gipuzkoa Basket Club. Posteriormente asina co Club Melilla Baloncesto da Liga LEB, equipo co que consegue ascender á Liga ACB, aínda que o equipo finalmente rexeita o ascenso por motivos económicos. Para a temporada 2016−17 asina por outro equipo da mesma liga, o Club Baloncesto Breogán.
Clubs Joventut Badalona (ACB, 2007−2011) UCAM Murcia (ACB, 2011−2013) Cajasol Sevilla (ACB, 2013−2014) Gipuzkoa Basket (ACB, 2014−2015) Melilla (LEB, 2015−2016) Cafés Candelas Breogán (LEB, 2016−2017) Real Betis Energía Plus (ACB, 2017−2018) Melilla Sport Capital (LEB, 2018−2021) Bàsquet Girona (LEB / ACB, 2021−presente)
Palmarés ULEB Cup (2008) 15px Medalla de Prata Europeo sub-16 2007. 15px Medalla de Bronce Eurobasket sub-20 2010. 15px Medalla de Ouro Eurobasket sub-20 2011. Máximo asistente da competición.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en acb.com Ficha en feb.es
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Badalona Categoría:Xogadores de baloncesto de Cataluña Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do Joventut Badalona Categoría:Xogadores do CB Murcia Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do San Sebastián Gipuzkoa BC Categoría:Xogadores do Club Baloncesto Breogán Categoría:Xogadores do Melilla Baloncesto Categoría:Xogadores do Bàsquet Girona