Manuel María González Novo, nado en Sada o 15 de xullo de 1944, é un exfutbolista galego. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria Na tempada 1966–67 debutou en Primeira División co Deportivo da Coruña, xogando o seu único partido nesta categoría. Foi na xornada 27, sendo adestrador do equipo Dagoberto Moll, nunha vitoria fronte ao Hércules CF en Riazor (1–0). Os centrocampistas habituais nesa campaña foron Manolete e Santos Bedoya, seguidos por José Luis Pose e José Manuel Goñi. Ese ano o equipo galego descendeu a Segunda División.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Sada Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña