Bernardine Eugénie Désirée Clary (en galego Bernardina Euxenia Desideria Clary), nada en Marsella o 9 de novembro de 1777 e finada en Estocolmo o 17 de decembro de 1860, foi raíña consorte de Suecia e Noruega, desde 5 de febreiro de 1818 ao 8 de marzo de 1844, polo seu casamento co mariscal de Francia Jean-Baptiste Bernadotte, que fora elixido en 1810, polo parlamento de Suecia, como príncipe herdeiro do ancián rei Carlos XIII, sendo afillado por este; tras a morte do monarca, Bernadotte accedeu o 5 de febreiro de 1818 ao trono da unión de Suecia e Noruega.
Traxectoria Desgusto con Napoleón esquerda|180px|miniatura|Desideria, retratada por François Gérard en 1810. Museo Marmottan, París, Francia.
Desideria era filla dun rico comerciante de seda de Marsella, François Clary, e da súa segunda esposa, Françoise Rose Somis.
A súa irmá Julie casou, en 1794, con Xosé I Bonaparte, irmán máis vello de Napoleón e rei de España.
O 21 de abril de 1795 Napoleón comprometeuse oficialmente con Desideria.
Porén tras o encontro de Napoleón con Xosefina de Beauharnais en París (o 15 de outubro de 1795) e pola presión dun amigo de Napoleón, Paul Barras, o primeiro rompeu o seu compromiso de matrimonio con Desideria para desposar a Xosefina.
Desideria levou moi mal a súa ruptura, sentimento que quedou claramente plasmado nunha das súas citas máis coñecidas:
Matrimonio 180px|miniatura|esquerda|Carlos XIV Xoán, esposo de Desideria, por François Gérard (1811). miniatura|250px|right|Tumba de Desideria, na Riddarholmskyrkan.
O 17 de agosto de 1798 Desideria casou en Sceaux, cerca de París, co mariscal de Francia Jean-Baptiste Bernadotte,Genmarenostrum
Durante as frecuentes ausencias de Bernadotte, debido ás guerras napoleónicas, albergaba na súa casa de París tertulias literarias, converténdose nunha dama moi popular.
Dous anos despois de que o seu marido fora nomeado príncipe real (herediro) de Suecia, viaxou a Estocolmo, onde permaneceu dous anos (1810-1811), pero despois volve a París.
Bernadotte sobe definitivamente ao trono en 1818 como Carlos XIV Xoán, e Desideria incorporouse á corte en 1823, desempeñando un modesto papel, como raíña consorte, coñecida como Desideria.
Á morte do rei o 8 de marzo de 1844, o fillo de ambos sobe ao trono de Suecia e Noruega como Óscar I.
O seu nome na dinastía Bernadotte Desideria foi moi popular en Suecia, e os suecos recórdana con cariño.
A terceira irmá do actual rei de Suecia (Carlos XVI Gustavo), a princesa Desideria, ten ese nome en honor a ela.
Así mesmo a actual herdeira do trono, Vitoria, leva como cuarto nome o de Désirée en honor á primeira da súa dinastía.
Antepasados de Desideria
Filmografía Le Destin fabuleux de Désirée Clary (1942), dirixida por Sacha Guitry. Con Geneviève Guitry e Gaby Morlay. Désirée (1954), dirixida por Henry Koster. Con Marlon Brando, Jean Simmons (como Desideria) e Merle Oberon. Napoleón (1955), dirixida por Sacha Guitry. Desideria está interpretada por Dany Robin.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Genmarenostrum. The story of Desiree .
Categoría:Raíñas consortes de Suecia Categoría:Raíñas consortes de Noruega Categoría:Nados en 1777 Categoría:Nados en Marsella Categoría:Finados en 1860