Illa Terre-de-Haut (oficialmente en francés: Terre-de-Haut des Saintes (literalmente: Terras altas de Les Saintes)) é unha illa no arquipélago de Les Saintes, nas Antillas Menores. Pertence á comuna (municipio) de Terre-de-Haut no departamento francés de Guadalupe.

Xeografía

Descrición Terre-de-Haut é a illa máis oriental do arquipélago de Les Saintes. Do mesmo xeito que a súa veciña Terre-de-Bas, o seu nome ven do vocabulario marítimo, que chamou as illas expostas ao vento terras altas e as protexidas do vento, terras baixas. É unha illa de 5´2 km² dominada no norte polo outeiro Morne Mire (107 m. e o outeiro Morel (136 m.) e no sur polo outeiro Chameau 306 m., o monte máis alto da illa e de todo o arquipélago. Terre-de-Haut está separada de Terre-de-Bas por unha estreita canle de 890 m.. Ademais de Terre-de-Bas, varias pequenas illas rodean Terre-de-Haut: les Roches Percées Îlet à Cabrit la Redonde Grand-Îlet la Coche les Augustins le Pâté

A península de Pain de Sucre, cunha altura de (53 m.), está unida a Terre-de-Haut por un istmo.

Zonas poboadas

Pequenos vilas distribuense nos outeiros no interior. Fond-du-Curé atópase nun porto natural. Iates e barcos de cruceiro son comúns no porto. Os asentamentos máis antigos que aínda permanecen son as localidades de Mouillage e Fond-du Curé. A poboación repártese entre 20 quartiers (barrios), máis ou menos ben delimitados. Agrúpanse en dúas metades:

Au vent(Barlovento)Sous le Vent(Sotavento)Nº Barrio Nº Barrio12345678910PompierreMarigotVieille-AnseFort NapoléonMaison blanchela CouléeCoqueletAnse-MireMouillageGrande-Anse11121314151617181920Fond-du-Curéla SavaneAnse RodrigueAnse GaletPrés Cassinla ConvalescenceAnse FiguierPain de sucreAnse à CointeAnse Crawen

miniatura|300px|border|Marigot (Terre-de-Haut)

Demografía O relevo inhóspito e as baixas precipitacións non permiten o establecemento da agricultura. Poucos escravos foron traídos a estas illas. A poboación está constituída historicamente por bretóns, normandos e polos habitantes de Poitou que se estableceron para pescar. Isto explica o tipo europeo dos habitantes de Les Saintes (Saintois) (xentilicio francés dos habitantes de Les Saintes).

Notas

Ligazóns externas

Mapa de localización da illa

Categoría:Illas de Francia Categoría:Antillas Menores Categoría:Illas do Caribe