Plants vs. Zombies é un videoxogo desenvolvido e publicado orixinalmente por PopCap Games para Microsoft Windows e macOS. O xogo trata do dono dunha casa que emprega unha gran variedade de plantas para previr que un exército de zombis entre na súa casa e lle coman o cerebro. Foi estreado por vez primeira o 5 de maio de 2009, e estivo dispoñible en Steam o mesmo día. A versión para iOS foi estreada en febreiro de 2010, e tamén unha versión HD para o iPad. Unha versión estendida para Xbox Live Arcade que introduce novos modos de xogo foi estreada o 8 de setembro de 2010. PopCap estreou unha versión para Nintendo DS o 18 de xaneiro de 2011 con contido único para a plataforma. A versión para PlayStation 3 foi estreada en febreiro de 2011 ademais dun modo cooperativo para a versión Xbox 360. Unha versión de Android foi estreado o 31 de maio de 2011 en Amazon Appstore, mentres que se estreou ó mercado Android (hoxe Google Play) o 14 de decembro de 2011. O 16 de febreiro de 2012 foi estreada unha versión para BlackBerry PlayBook. Posteriormente, unha versión para o teléfono intelixente BlackBerry foi estreada en xaneiro de 2013 co lanzamento de BlackBerry 10. Por outra banda, ámbalas dúas versións orixinais do xogo, para Windows e Mac foron relanzadas con contido engadido para a versión Game of the Year. En xaneiro de 2015, foi estreada unha versión con publicidade para iOS.

Recibiu unha resposta positiva por parte da crítica e estivo nomeado a varios premios, e a súa banda sonora foi moi aclamada. A súa secuelal, ''Plants vs. Zombies 2: It's About Time',' foi estreada o 15 de agosto de 2013 para iOS.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 2009 Categoría:Videoxogos de BlackBerry 10 Categoría:Videoxogos de BlackBerry PlayBook Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de OS X Categoría:Videoxogos de Nintendo DS Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de PlayStation Vita Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Windows Phone Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador Categoría:Videoxogos de zombis