300px|miniatura|dereita|Se marzo acabou e o cuco non chegou, algo ó cuco lle pasou. A presenza habitual desta ave en toda a xeografía galega, interpretada como un anuncio da primavera por coincidir cos primeiros calores do ano, pode explicar a abondosa pegada que ten o cuco na cultura popular galega, recollida en numerosas tradicións, refráns e cantigas. As particularidades de cría do cuco deron lugar a un interesante léxico derivado.
Dise tamén que a chegada do cuco é o anuncio da primavera. Por iso, se non veu entre marzo ou abril, pode ser sinal de que se acaba o mundo, dando por feito que esa demora anuncia que virán grandes malesVicente Risco (1962), 483. e de aí o refrán: "Entre marzo e abril, o cuco, ou a fin". Se, cando vén, faino voando sobre os montes, augura boa colleita, pero se o fai sobre terras sementadas, a colleita será mala Rivas Quintas (1978).. Tras criar aquí, migra a terras máis quentes ó chegar xullo, antes de segar o primeiro centeo, aínda que en Monterroso aseguran que vai esconderse nas carballeiras para facer alí o seu propio niño durante o inverno.Vicente Risco (1949), 186.
Crese que o cuco agoira co seu canto os anos que vivirá aquel que lle pregunte: "Cuco rei, ¿cantos anos vivirei?" e contando logo as veces que emite o seu cucú.Terra de Melide, 451, que especifica que isto debe facerse á mañá en xexún. Do mesmo xeito, agoira ás mozas os anos que tardarán en casar: "Cucú, rabo de zorra, ¿cantos anos de dás deiquí á miña voda?". Se o cuco non canta, non cuca, é que vai quedar solteira.Vicente Risco (1949), 188.
Outra crenza relacionada co canto do cuco é que quen escoita o seu canto en xenún terá moita sorte e vivirá moitos anos,Vicente Risco (1849) 188), pero tamén se di o contrario: que é un mal agoiro.Eladio Rodríguez, s. v. agoiro.. A este feito de ser sorprendido polo canto do cuco en xexún chámase capar, e enténdese como agoiro de mala sorte: capoute o cuco.Aníbal Otero, s. v. capar. Noutro sentido, crese que se o canto do cuco lle colle a un estando aínda na cama, terá preguiza durante todo o verán.
Cando os rapaces van ós niños coidan de non falar nada de nada para que o cuco non o descubra e coma os ovos; igualmente, se logo falan do niño entre si non mencionan os ovos polo seu nome, senón baixo o nome de seixos, co mesmo obxectivo de que o cuco non saiba deles.
Antón Fraguas recolleu en Vedra que ás parellas que, tras anos de casados, non teñen fillos, dinlle os veciños que tendes que ir polo cuco, pero non explica en que consiste.Antón Fraguas (1990), 22.
Vicente Risco recolleu a crenza en Galicia de que a femia do cuco pon os seus ovos nos niños alleos porque ela non pode chocalos, debido a que o seu peito non transmite a calor necesaria.Vicente Risco (1949), 187. Di que en San Xoán de Río e en Sarria aseguran que cando a femia pon o ovo no niño alleo, come un dos que estaban no niño parasitado.Eladio Rodríguez: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. cuco. Este feito fai que se considere esta ave como o símbolo do egoísmo, e representación da infidelidade conxugal.
Léxico Cuco: arneiro, arneste M. Carme Ríos Panisse 1977.. Cuco: lapa Juan Manuel Pintos Villar, s. v. cuco.. Cuco: peixe, escacho (Trigla cuculus, agora Chelidonichthys cuculus). O peixe emite un lixeiro ronquido que lembra ó canto do cuco; nótese que o nome científico inclúe o cualificativo cuculus . Cuco: que de todo saca proveito Juan Manuel Pintos Villar.. Cuco rei: un dos múltiples nomes que recibe a xoaniña (Coccinella septempunctata). As mozas que queren casar colocan este insecto na palma da man e din: "cuco-rei, cuco-rei, ¿por onde amores terei?", e segundo a dirección que tome cando arranque a voar, cren de por alí virá o noivo esperado. Tamén lle preguntan os rapaces polos anos que van cumprir: colócanlle na palma da man e pregúntanlle: "cuco-rei, cuco-rei, ¿cántos anos vivirei?", e axiña comezan a contar apresuradamente, de forma que cren que o número ó que chegaran cando a xoaniña arranca a voar, serán os anos que vivirán. Cucar: axexar, espreitar . Cucar: fest. morrer Constantino García González.. Cucar, cucarse: levantarse unha montura das mans dianteiras e tirar ó xinete ó chan. Cucar: cativar, atraer, agradar (aquela muller xa non cuca a ninguén) Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. cucar.. Cucar: terminar ou dar por rematada unha amizade (dispóis do que me fixo, pra min cucou) . Cucar: campar ou presumir. Barbas de cuco: pequena planta que nace ó bordo dos camiños . Calzas de cuco: pequena planta de flores brancas en forma de campá. Coa descrición da fonte resulta imposible identificala . Flor do cuco, herba do cuco: planta (Lychnis flos-cuculi) .
Liño do cuco: Cuscuta epithymum, herba parasita do toxo e doutras plantas. Máis común é o nome vulgar de barbas de raposo ou liño de raposa Elixio Rivas Quintas: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.. Mazán de cuco: bugallo do carballo . Mel de cuco: planta cuxa flor chuchan os rapaces por acumular un líquido doce coma o mel. Tamén, o zume que deitan os troncos dalgunhas árbores froiteiras (como cerdeiras, ameixeiras e pexegueiros) e que seca sobra a casca Aníbal Otero, s. v. mel.. Ovo de cuco: cogomelo, peido de lobo (Lycoperdon perlatum) Aníbal Otero Álvarez: Hipótesis.. Pan de cuco: planta chamada aleluia (Oxalis acetosella)E. Losada, J. Castro e E. Niño: Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia 1992.. Pan de cuco, pan do cuco: herba leguminosa (Vicia hirsuta, Vicia sativa) .
Denomínase acucar e encucar sufrir unha vaca un edema mamario, e a enfermidade como acucamento ou ubre acucado. Tradicionalmente, os gandeiros atribúen este proceso á abundancia de leite que lles vén cando chega o cuco, época que coincide co maior crecemento da herba na primavera Aníbal Otero Álvarez: Piquín.. Un gandeiro de Dozón recibía tranquilo o diagnóstico do veterinario porque estaba seguro de que en canto pasara o tempo do cuco, xa lle pasaría a doenza á vaca Pedro Benavente e Xesús Ferro Ruibal: O libro da vaca. Monografía etnolingüística do gando vacún, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2010..
Locucións Alegrarse coma un cuco- Bébeas coma o cuco. Contento coma un cuco: contento, satisfeito.Eladio Rodríguez, s. v. contento; dá tamén a variante contento coma un rulo. Es moi cuco, pero eu véxote vir.Zamora Mosquera, 101. Máis contento que un cuco.Rivas Quintas (1978), s. v. cuco; no orixinal máis contente c'on cuco. Non oie outro cuco: dise de quen vai morrer e xa non estará connosco a prçoxima primavera.Zamora Mosquera, 155. Non verá outro cuco. Zamora Mosquera, 159. Onde canta o cuco: dise despectivamente dunha leira que está moi lonxe do lugar José María Pereda Álvarez: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral (1953).. Oíu cantar máis de catro cucos: dise dunha persoa entrada en idade. Por mala parte véuche o cuco: dise ante unha noticia que non merece creto . Ser coma un cuco: ser listo, espelido. Ser máis listo ca un cuco: ser moi habilidoso e espelido. Ser moi cuco: ser habilidoso e espelido. Ser un cuco: ser astuto, raposeiro, que de todo busca sacar provecho.
Refraneiro As tres condicións do cuco: se chove, téñome que acoller; se vai sol, téñome que pór á sombra; e se está nubrado, teño que cucar. Pouco me queda pra traballar.Xaquín Lorenzo (1983), 22. Aquí recóllese o significado de cuco como pillabán, persoa que se comporta con astucia e habilidade para conseguir os seus obxectivos (DRAG). Cando canta o cuco logo vén o grau ó suco. Cando o cuco cucar e a rula rular, culle o sachiño e vai sementar.Xaquín Lorenzo (1983), 26. Cando o cuco marcha, colle a manta. Canta a bubela, pataca á terra; canta o cuco, pataca ó suco.Xaquín Lorenzo (1983), 27. Canta o cuco, tempo rexo.Xaquín Lorenzo (1983), 27. Coa chegada do cuco vén o pan ó suco. Desque vén o cuco, enche a cal e mais o suco. Desde que vén o cuco, fóra pulpo.Noriega Varela (1928), 109.Clodio González (a), 56.Lino Lema Bouzas, 4. O cuco chega a España entre marzo e abril. Dendes que vén o cuco, fóra o pulpo. Desque chega o cuco, logo vén o pan ó suco.Álvarez Giménez, 41. O colector traduce pan como trigo, pero resulta máis usual que pan designe ó centeo. En abril sae o cuco do cubil.Adela Leiro, 71. Entre marzo e abril o cuco ha de vir.Xaquín Lorenzo (1983), 34. Entre marzo e abril, o cuco, ou a fin.Noriega Varela (1920), 17.Noriega Varela (1928), 108. Entre marzo e abril o cuco quere vir. Entre marzo i abril o cuco ten que vir, e si o cuco faltara a fin do mundo voltara.Isaac Rielo Carballo, 97. Entre marzo e abril, ou ha vir o cuco, ou a fin. Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, que coa neve non quer vir.Saco y Arce (1890), 366.Saco y Arce (1987), 340.Eladio Rodríguez, s. v. marzo. No orixinal: sai.Real Academia Gallega 1913, s. v. abril. No orixinal: sal. Entre marzo e abril sai o cuco do cubil, pois coa neve non quer vir. Entre marzo e abril sal o cuco do cubil, i entre san Xoán i a sega marcha o cuco pra súa terra. Isaac Rielo Carballo, 96. Entre marzo e abril, se non vén o cuco quer vir a fin.Saco y Arce (1890), 366.Saco y Arce (1987), 340.Eladio Rodríguez, s. v. abril.Eladio Rodríguez, s. v. marzo.Real Academia Gallega 1913, s. v. abril.. Entre marzo e abril, se non veu o cuco quer vir a fin. Mentres canta o cuco, non comas raia nin pulpo.
Muller que do cuco fiou, ou era moi burra ou cucar desexou.Moreiras Santiso (1978), 65.O libro do amor, 48. No abril, di o cuco vivo; e no maio: revivo.Eladio Rodríguez, s. v. abril. No texto: dí.. No abril sai o cuco do cubil.Eladio Rodríguez, s. v. abril (cubil) e cuco (cobil). No mes de marzo e abril o cuco ha de saír, se ós tres meses non volveu é porque morreu. Adela Leiro, 64. No tempo do cuco, á mañán chuvia, á tarde enxoito.Álvarez Giménez, 47. No tempo do cuco, á mañán me mollo e á tarde me enxugo. O cuco a cucar, a rola a rolar, colle o cestiño e vai sementar.Miguel Rubinos Conde. O cuco cantando, o vran acabando.Zamora Mosquera, 165. O cuco e o predicador, canto máis altos, millor. O cuco está cos avogados, uns non poden vivir sen outros.Moreiras Santiso (1977), 70. O cuco no abril vive, e no maio revive. O cuco no abril xa sai do cobil. Ó cuco non lle cuques, e ó ladrón non lle furtes.Moreiras Santiso (1977), 173. Ó cuco, san Xoán dálle a fala e san Pedro sácalla.Ferro Ruibal, s. v. San Xoán. Se o cuco ten que vir sobre marzo ou abril, este san Xoán non pode ser o de xuño senón san Xoán Clímaco, que se celebra o 30 de marzo. O cuquiño a cucar, a ruliña a rular, colle o foliño e vai sementar.Álvarez Giménez, 48.O libro da caza, 37. O cuquiño a cucar e a ruliña a rular, colle o fouciño e vai seiturar.Zamora Mosquera, 165. O dez de san Xoán recolle a cuquela e o trinta se vai.Ferro Ruibal, s. v. San Xoán. O día de san Benito sae o cuco do seu sitio.Xaquín Lorenzo (1983), 49. Nicanor Rielo Carballo (1976), 211.San Bieito celébrase o 11 de xullo, pero este refrán parece aludir á súa celebración o 23 de marzo: San Benito de inverno. O home cuco vive do home burro.Zamora Mosquera, 168.Moreiras Santiso (1977), 89. Ós comenzos de abril o cuco ten que vir; e se non volveu, ou prendérono ou morreu. Os cucos non poden vivir sin os cucos.Zamora Mosquera, 190. Para ser cuco e non ser parvo, deixar a outro o traballo.Moreiras Santiso (1977), 57. Se en marzo non canta o cuco, nin en abril a bubela, e a ruliña non rulea, mala cosecha se espera.Álvarez Giménez, 53. Se en marzo ou abril o cuco non vén, quer vir a fin Crese que se non vén o cuco nestes meses haberá grandes desgrazas. Eladio Rodríguez, s. v. marzo.. Se, entre marzo e abril, o cuco non vén, é que o cuco é morto ou a fin quere vir.Rivas Quintas (1978). Se entre marzo e abril o cuco non veu é sinal que morreu ou é sinal do fin.Xaquín Lorenzo (1983), 63.