Clash of Clans, tamén coñecido CoC é un videoxogo de estratexia e de construción de aldeas en liña, para dispositivos móbiles con plataformas de IOS e Android. Lanzado o 2 de agosto de 2012, foi creado por Supercell, compañía de videoxogos con sede en Helsinqui, Finlandia.

O xogo foi lanzado para a plataforma iOS o 2 de agosto de 2012. O 30 de setembro de 2013 foi lanzado para Android.

Funcionalidade Clash of Clans é un videoxogo de estratexia multixogador ou dun xogador no que o usuario debe construír unha aldea (nunha cuadrícula de 44x44), adestrar tropas e elaborar feitizos para atacar outras aldeas de xogadores en liña ou a campañas dun xogador chamadas "os trasnos" onde se conseguen recursos sen gañar nin perder trofeos, para conseguir ouro, elixir e elixir escuro, que pode usarse para protexerse de ataques inimigos, adestrar e mellorar as tropas. Tamén poden crearse clans onde se poden unir diferentes xogadores en liña para axudarse mutuamente doando tropas no castelo do clan e facendo guerras de clan con estes xogadores en liña.

Acollida + Puntuacións de críticasPublicaciónCualificaciónMetacritic74/1003djuegos8.8/10148AppsGamezeboModojoPocket Gamer

Clash of Clans recibiu na súa maioría boas críticas e foi moi exitoso para Supercell, xa que xunto ao seu outro xogo, Hay Day, a compañía finlandesa conseguiu 770 millóns de dólares, xerando 2,4 millóns ao día. Na Google Play ten unha recepción de 4,5 sobre 5 e na App Store ten unha recepción de 4,7 sobre 5.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog oficial de Clash of Clans Web oficial de Clash of Clans en Inglés Clash of Clans no YouTube Clash of Clans no Reddit

Categoría:Videoxogos de 2012 Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos desenvolvidos en Finlandia Categoría:Videoxogos Free-to-play Categoría:Videoxogos multixogador