L'Altet é unha pedanía do municipio de Elx, na provincia de Alacant, situada na zona nordés do termo municipal. En 2010 contaba con 5.190 habitantes no seu casco urbano e 1.735 na urbanización costeira de Els Arenals del Sol.

Nela atópase o aeroporto de Alacant-Elx. O casco urbano está a 1 km da costa mediterránea. Conta coas praias de Els Arenals del Sol e L'Altet, esta última de alto valor ecolóxico e distinguida coa bandeira azul.

Categoría:Elx Categoría:Pedanías de España