O faro de Mera é un faro de enfilación composto de dúas torres de cor vermella na súa vista anterior e branca na posterior. Está situado na parroquia de Mera, no concello de Oleiros
Historia Entre 1860 e 1917 na ría da Coruña construíronse os faros do castelo de Santo Antón, o faro de Oza e a enfilación da Punta de Mera. O 22 de marzo de 1904 decidiuse facilitar a entrada no fondeadoiro da Coruña mediante unha luz de dirección en punta Oza que sinalase a canle norte con ocultacións equidistantes brancas e sector vermello e verde nos laterais, así como outra branca e de 5+4 ocultacións en punta Mera para a canle oeste. Cinco anos despois sen dar comezo as obras, precísase que a luz de Mera haberá de ser de enfilación, mediante unha lámpada de petróleo con mecha, de cor vermella na súa vista anterior e branca na posterior.
Luciu por primeira vez en 1917 cunha lámpada Pintch de incandescencia para vapor de gasolina que orientaba ás embarcacións que entraban polo oeste á canle de punta Herminia.
Os faros Aos faros chégase por unha estrada que atravesa o pobo de Mera e que, cubrindo a pechadura da ría, morre ao pé do edificio. Consta de dúas torres, a anterior máis pequena e a posterior de 11 e 14 metros de altura respectivamente, separadas por 300 m. cos focos situados a 56 e 81 metros sobre o nivel do mar, rematadas por terrazas con balaústres de celosía e lanternas poligonais de cristais planos e montantes verticais. Foron dotadas de electricidade en 1932, xunto coa característica branca para a posterior e vermella para a anterior e un alcance de 10 millas para o aviso dos baixos de Tonina e Guisando. En 1977 modificouse a característica que pasou a ser de tres sectores vermellos para a anterior e de dúas ocultacións brancas para a posterior. No medio das dúas torres está a antiga casa do fareiro, actualmente é o centro de recepción de visitantes ao monumento natural (onde se atopa) Costa de Dexo-Serantes. Este centro coñecido como aula do mar é un pequeno centro de interpretación onde se proxectan varios vídeos da zona, exponse o funcionamento de ambos os faros, hai unha sala dedicada ao monumento natural, etc. Ademais na terraza hai dous telescopios.
Características 160px Torre Anterior en Punta Mera Código 03530 D-1706DescriciónTorre octogonal branca 11 mAltitude56 mCaracterísticasOc 4s. 100,5º R105,5º B114,5º R153º Obscd 000º R23º Racon(M)PeríodoAlcance8 millas náuticas
160px Torre Posterior en Punta Mera Código 03531 D-1708DescriciónTorre octogonal branca 14 mAltitude81 mCaracterísticas D 8s L2 Oc6PeríodoAlcance8 millas náuticas
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de faros de Galicia Ligazóns externas Porto da Coruña, web da Autoridade Portuaria da Coruña.
Categoría:Oleiros Categoría:Faros da provincia da Coruña