O Gran Premio dos Estados Unidos de 2016 (oficialmente 2016 Formula 1 United States Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula 1, que se celebrou no Circuíto das Américas no Condado de Travis preto de Austin, Texas o 23 de outubro de 2016. A carreira, celebrouse sobre cincuenta e seis voltas, foi a décimo oitava proba da tempada de Fórmula Un de , e marcou a trixésima oitava vez que o Gran Premio dos Estados Unidos disputouse como unha proba do Campionato do Mundo desde o seu inicio en , e a quinta vez que o evento foi organizado neste circuíto.

Resumo da carreira

Boa saída de Lewis Hamilton, mantendo a primeira posición. Daniel Ricciardo logrou facerse coa segunda praza, Nico Rosberg cae ata o terceiro lugar, por diante de Kimi Räikkönen. Por detrás, Carlos Sainz e Fernando Alonso tócanse. O piloto de Toro Rosso é oitavo, co asturiano noveno. Bottas, décimo terceiro e caendo por culpa dunha picada. Ao final da primeira volta con Lewis Hamilton lidera o GP dos Estados Unidos. Daniel Ricciardo, co pneumático superbrando, meteuse entre os dous Mercedes e colocouse segundo. Nico Rosberg, ao seu ronsel ía terceiro e Kimi Räikkönen cuarto.

Valterri Bottas entrou a boxes pola picada e montou un set de brandos. Nico Hulkenberg, con problemas no morro do seu Fórmula 1, tamén pasou polo garaxe para amañalo. Hamilton empeza a encadear voltas rápidas, na décima volta a situación é a seguinte, Hamilton, Rosberg, Vettel, Massa, Sainz, Alonso, Ricicardo, Räikkönen, Button e Verstappen. Na volta 12 Lewis Hamilton entra a boxes e calza o segundo xogo de pneumáticos brandos. Tamén entran a boxes Massa, Sainz e Alonso. Sebastian Vettel queda primeiro provisionalmente. Na volta vinte a clasificación é, primeiro Hamilton seguido de Ricciardo, Rosberg, Verstappen, Räikkönen, Vettel, Massa, Sainz, Alonso e Kvyat. Na volta 27 Max Verstappen entra a boxes, sen avisar e os mecánicos non estaban preparados e a parada foi desastrosa. Verstappen reincorpórase na sétima praza e descúlpase pola súa improvisada decisión. Dúas voltas máis tarde o seu coche empeza a fallar. Na volta 30 a clasificación é como segue, Hamilton, Rosberg, Ricciardo, Räikkönen, Vettel, Sainz, Alonso, Massa, Pérez e Button.

Na volta 31 safety car virtual. Co Red Bull de Verstappen abandonado nun lado da pista, a dirección de carreira decide establecer o réxime de 'Coche de seguridade virtual". Moitos pilotos deciden pasar por boxes, entre os que destacan Sainz, Alonso, Hamilton e Rosberg. Na volta 33 reanúdase a carreira, tras unha magnífica estratexia de undercut durante o coche de seguridade virtual, Carlos Sainz conseguiu escalar ata a sexta praza, e rodaba por detrás de Sebastian Vettel. Fernando Alonso, pola súa banda, era oitavo. Na volta 40 lidera Hamilton seguido de Rosberg, Ricciardo, Vettel, Sainz, Massa, Alonso, Pérez e Button.

Na volta 41 dirección de carreira iniciou unha investigación sobre o equipo Ferrari e Kimi Räikkönen, por regresar a boxes marcha atrás tras evidenciar un problema na roda traseira dereita. A pistola estaba posta e a roda non estaba apertada. Carlos Sainz quinto deféndese dos ataques de Massa quen á súa vez é atacado por Alonso. Na volta 50 a carreira é liderada por Hamilton, Rosberg, Ricciardo, Vettel, Sainz, Massa, Alonso, Pérez, Button e Grosjean. Alonso logra adiantar a Massa na volta 53 aínda que se tocan durante a acción. Iníciase a investigación da acción entre Alonso e Massa. En boxes, Sebastian Vettel pasa polo seu garaxe e reincorpórase á carreira na cuarta praza. Massa sofre unha picada e ten que entrar a boxes. Na última volta Alonso logra pasar a Sainz. Lewis Hamilton consegue a súa vitoria nº 50 no circuíto de Austin, o sétimo ouro da tempada. Nico Rosberg entrou na segunda posición, asinando un novo dobrete de Mercedes. Daniel Ricciardo, espectacular, sacou o máximo do Red Bull e conseguiu defender o bronce do GP dos Estados Unidos.

Clasificación Cualificación Pos.NºPilotoConstrutorQ1Q2Q3Grella1 44 Lewis Hamilton Mercedes 1:36.296 1:36.450 1:34.999 1 2 6 Nico Rosberg Mercedes 1:36.397 1:36.351 1:35.215 2 3 3 Daniel Ricciardo Red Bull-TAG Heuer 1:36.759 1:36.255 1:35.509 3 4 33 Max Verstappen Red Bull-TAG Heuer 1:36.613 1:36.857 1:35.747 4 5 7 Kimi Räikkönen Ferrari 1:36.985 1:36.584 1:36.131 5 6 5 Sebastian Vettel Ferrari 1:37.151 1:36.462 1:36.358 6 7 27 Nico Hülkenberg Force India-Mercedes 1:36.950 1:36.626 1:36.628 7 8 77 Valtteri Bottas Williams-Mercedes 1:37.456 1:37.202 1:37.116 8 9 19 Felipe Massa Williams-Mercedes 1:37.402 1:37.214 1:37.269 9 10 55 Carlos Sainz Toro Rosso-Ferrari 1:37.744 1:37.175 1:37.326 10 11 11 Sergio Pérez Force India-Mercedes 1:37.345 1:37.353 11 12 14 Fernando Alonso McLaren-Honda 1:37.913 1:37.417 12 13 26 Daniil Kvyat Toro Rosso-Ferrari 1:37.844 1:37.480 13 14 21 Esteban Gutiérrez Haas-Ferrari 1:38.053 1:37.773 14 15 30 Jolyon Palmer Renault 1:38.084 1:37.935 15 16 9 Marcus Ericsson Sauber-Ferrari 1:38.040 1:39.356 16 17 8 Romain Grosjean Haas-Ferrari 1:38.308 17 18 20 Kevin Magnussen Renault 1:38.317 18 19 22 Jenson Button McLaren-Honda 1:38.327 19 20 94 Pascal Wehrlein Manor-Mercedes 1:38.548 20 21 12 Felipe Nasr Sauber-Ferrari 1:38.583 21 22 31 Esteban Ocon Manor-Mercedes 1:38.806 22107% tempo: 1:43.036fonte:

Carreira Pos.NºPilotoConstrutorVoltasTempo/RetiradaGrellaPuntos144 Lewis HamiltonMercedes561:38:12.61812526 Nico RosbergMercedes56 +4.5202183 3 Daniel Ricciardo56 +19.6923154 5 Sebastian VettelFerrari56 +43.134612514 Fernando AlonsoMcLaren-Honda56 +1:33.95312106 55 Carlos SainzToro Rosso-Ferrari56 +1:36.1241087 19 Felipe MassaWilliams-Mercedes55+1 volta968 11 Sergio Pérez55+1 volta1149 22 Jenson ButtonMcLaren-Honda55 +1 volta19210 8 Romain GrosjeanHaas-Ferrari55 +1 volta17111 26 Daniil KvyatToro Rosso-Ferrari55+1 volta1312 20Renault55 +1 voltaKevin Magnussen recibiu cinco segundos de penalización logo da carreira por un adiantamento ilegal a Daniil Kvyat.1813 30 Jolyon PalmerRenault55+1 volta1514 9 Marcus EricssonSauber-Ferrari55 +1 volta1615 12 Felipe NasrSauber-Ferrari55+1 volta2116 77 Valtteri BottasWilliams-Mercedes55+1 volta817 94 Pascal WehrleinMRT-Mercedes55 +1 volta2018 31 Esteban OconMRT-Mercedes54 +2 voltas22Ret7 Kimi RäikkönenFerrari38Roda solta5Ret 33 Max VerstappenRed Bull-TAG Heuer28Caixa de cambios4Ret 21Haas-Ferrari16Freos14Ret 27 Nico HülkenbergForce India-Mercedes1Danos por colisión7Fonte:

Posicións logo da carreira Texto en negra indica que Mercedes é o Campión do Mundo de construtores.

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos10px 1 Nico Rosberg 331 10px 2 Lewis Hamilton 305 10px 3 227 10px 2 4 Sebastian Vettel 17710px 1 5 Kimi Räikkönen 170

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Mercedes 636 10px 2 Red Bull Racing-TAG Heuer 400 10px 3 Ferrari 347 10px 4 Force India 138 10px 5 williams 130

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 2016 Categoría:Gran Premio dos Estados Unidos de Fórmula 1