Andrés Sorel, nado en Segovia en 1937 e finado en Madrid o 7 de xaneiro de [, foi un escritor castelán.

Traxectoria De pai castelán e nai andaluza, naceu durante a guerra civil. É irmán do tamén escritor xienense Antonio Martínez Menchén.

Estudou Maxisterio e Filosofía e Letras. Foi membro do Partido Comunista, que abandonou en 1963 por diferenzas ideolóxicas e políticas. Foi correspondente de Radio España Independente entre 1962 e 1971 e dirixiu en París a publicación Información Española, destinada á emigración española en Europa. O apelido Sorel tomouno do Julien Sorel, protagonista da novela Vermello e Negro de Stendhal.

Durante a ditadura franquista o ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga Iribarne, prohibiu a publicación das súas obras.

Tras a Revolución cubana viaxou en numerosas ocasións á illa, onde entrevistou a Fidel Castro e ao Che Guevara. Mantén o seu apoio ao goberno cubano mesmo tras a súa saída do Partido Comunista.

Á morte de Franco regresou a España e colaborou en diversos xornais e publicacións de esquerda, entre os cales destaca a fundación en 1984 do xornal Liberación, presentado como o primeiro diario español de esquerdas radical.

Foi secretario xeral da Asociación Colexial de Escritores de España e director da revista República de las Letras.

Publicou máis de 50 libros e impartido máis de 1.000 conferencias en diversas cidades do mundo. Os seus libros foron traducidos e publicados en Estados Unidos, Cuba, Portugal, Romanía, Inglaterra e Eslovaquia.

Obras As súas obras están escritas e publicadas en castelán.

Narrativa

Discurso de la Política y el sexo. 1978- Zero. Zyx. ISBN 978-84-317-0460-5 Concierto en Sevilla. 1982. Cátedra. 2003. RD Editores. ISBN 978-84-87070-18-1 Babilonia, la puerta del cielo. 1989. Exadra. ISBN 978-84-87070-18-1 Regreso a las armas. (1998. Txalaparta argitaletxea. Tafalla). ISBN 978-84-8136-092-9 (En Google Books) Las voces del estrecho. 1999. Muchik Ed. Edicones 62. ISBN 978-84-7669-417-6 Apócrifo de Luis Cernuda. 2004. RD Editores. ISBN 978-84-95724-51-9 La noche en que fui traicionada. 2004. Planeta Editorial. ISBN 978-84-08-04365-2 Jesús, el hombre sin Evangelios. 2004. Editorial EDAF. ISBN 978-84-414-1594-2 El falangista vencido y desarmado. 2006. RD Editores, ISBN 978-84-95724-41-0 Último tango en Auschwitz. 2013. Ediciones Akal, ISBN 978-84-460-3746-0 ... y todo lo que es misterio... 2015. Ediciones Akal, ISBN 978-84-460-4158-0. Obra finalista do Premio da Crítica de Castela e León en 2016.La Vanguardia, 12 de febreiro de 2016.

Ensaio Introducción a Cuba, 1972 Zero. S.A. 197' ISBN 978-84-317-0132-1 Cuba (1974). CVS (Cindos-Videosistemas, S.A.) ISBN 978-84-354-0010-7 Castilla como agonía. 1975. Editora nacional. ISBN 978-84-86047-42-9 Miguel Hernández, escritor y poeta de la Revolución. 1976. Zezo-Zyx. Liberación, desolación de la utopía. 1987. Ediciones Libertarias. Dolores Ibárruri, Memoria Humana. 1992. Madrid. Ediciones Libertarias-Prodhufi, S.A. ISBN 978-84-7954-067-8 El libro de los españoles no imaginarios. 1994. Ediciones Libertarias. ISBN 978-84-7954-207-8 La guerrilla antifranquista. 2002. Txalaparta. ISBN 978-84-8136-229-9 Yo, García Lorca. 2002. Txalaparta argitaletxea. ISBN 978-84-8136-081-3 (En Google Books) Mañana, Cuba. 2005. RD. Editores. ISBN 978-84-95724-86-1 Siglo XX, Tiempo de Canallas. 2006. Txalaparta argitaletxea. Tafalla. ISBN 978-84-8136-450-7 Saramago, una mirada triste y lúcida. 2007. Algaba. Editorial Edaf. ISBN 978-84-96107-79-3 Miguel Hernández, memoria humana. 2010. Ediciones Vitruvio. ISBN 978-84-92770-39-7

Outros títulos Cuba, la revolución crucificada. Castilla como agonía, Castilla como esperanza. Miseria de nuestra cultura. Vida y Obra de Ernesto Che Guevara. Guía popular de Antonio Machado. 4º Mundo, emigración española en Europa. Búsqueda, reconstrucción e historia de la guerrilla española del siglo a través de sus historias, relatos y protagonistas. La caverna del comunismo. 2007. RD Editores. Iluminaciones. Antonio Gamoneda. 2009. RD Editores. Ediciones críticas y ensayos sobre José Martí, Antonio Machado, Luis Cernuda, León Felipe, Gerardo de Nerval, José María Arguedas etc.

Véxase tamén Ligazóns externas Web do autor . Blog. O xornal Liberación

Notas

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores de Castela e León Categoría:Nados en Segovia Categoría:Nados en 1937 Categoría:Personalidades sen imaxes