O Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça, tamén coñecido como Real Abadía de Santa Maria de Alcobaça ou sinxelamente como Mosteiro de Alcobaça, é a primeira obra plenamente gótica erguida en chan portugués. Foi comezado en 1178 polos monxes do Císter, e continuado entre os séculos XIII e XVI. Está clasificado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e como Monumento Nacional, dende 1910, IPPAR. O 7 de xullo de 2007, foi elixido como unha das sete marabillas de Portugal. En 1834, os monxes foron forzados a abandonar o mosteiro, por mor do decreto de supresión de tódalas ordes relixiosas de Portugal, promulgado por Joaquim António de Aguiar, ministro dos negocios eclesiásticos e da xustiza do goberno da rexencia de Pedro, Duque de Bragança.
Sepulcro da rainha póstuma de Portugal
esquerda|miniatura|Túmulo de Inés de Castro, situado xunto ao túmulo de D. Pedro I. Inés de Castro Cando Pedro I de Portugal ascendeu ao trono en 1357, após executar coas súas propias mans a dous dos asasinos de Inés, probabelmente a instancias do seu pai Afonso IV, afirmou que casara en segredo con ela. Ordenou que a enterrasen xunto a el, na igrexa do Mosteiro de Alcobaça, e encargou a construción dos seus sepulcros. En 1362, o corpo de Inés foi exhumado e transportado nun cortexo fúnebre desde Coimbra até Alcobaça, onde foi coroada raíña de Portugal, e enterrada para descansar alí en paz.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Maria Augusta Pablo Trindade Ferreira. Mosteiro de Santa Maria de Alcobaça. ELO-IPPAR. 2nd edition, 1993.
Categoría:Mosteiros de Portugal Categoría:Arquitectura de Portugal Categoría:Monumentos nacionais de Portugal Categoría:Patrimonio da Humanidade en Portugal