Josu Uribetxeberria Bolinaga, nado en Mondragón (Guipúscoa) en 1955 e finado na mesma localidade o 16 de xaneiro de 2015, foi un membro da banda terrorista Euskadi Ta Askatasuna (ETA).
Biografía dereita|miniatura|Pancarta no monte Urgull de Donostia reclamando a súa posta en liberdade, en agosto de 2012. Membro de ETA desde mediados de 1983, foi detido o 1 de xullo de 1997 a raíz da liberación do funcionario de prisións secuestrado José Antonio Ortega Lara. No momento da súa detención decidiu deixar morrer de fame a Ortega Lara, negándose a dar os datos do zulo subterráneo onde estaba secuestrado.
Posteriormente foi xulgado e condenado a 178 anos de cadea polo asasinato de tres gardas civís, a 14 anos por secuestrar durante 116 días ao empresario Julio Iglesias Zamora en xuño de 1993, e a 32 anos polo secuestro de Ortega Lara en xaneiro de 1996, a quen mantivo encerrado nun zulo durante 532 días.
En agosto de 2012, tras térselle diagnosticado un cancro terminal, iniciou unha folga de fame para reclamar a súa excarceración que foi secundada por outros 254 membros de ETA presos. O 17 de agosto o Ministerio del Interior concedeulle o terceiro grao penitenciario, propoñendo á Audiencia Nacional que lle concedera a liberdade provisional «por razóns humanitarias», aínda que con condicións. A AVT considerou unha «traizón» esta decisión do Goberno. O auto de liberdade condicional, con data 30 de agosto de 2012, recollía que padecía un cancro xeneralizado, terminal e en situación irreversible, segundo os informes forenses, factor determinante para a resolución favorable. O 12 de setembro a Audiencia Nacional decretou a súa posta en liberdade, rexeitando o recurso á súa excarceración interposto pola Fiscalía. O ex-xuíz Baltasar Garzón amosou publicamente o seu desacordo coa Fiscalía afirmando que «un Estado de dereito non pode permitir que unha persoa morra en prisión».
O 16 de xaneiro de 2015, faleceu en Mondragón debido ao cancro que padecía desde xuño de 2005.
Notas
Categoría:Nados en 1955 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en Arrasate Categoría:Membros de ETA Categoría:Finados por cancro