Sant Feliu de Codines é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Xeografía O municipio atópase no límite occidental da comarca do Vallès Oriental, e sitúase xusto por debaixo da cadea rochosa dos cingles del Bertí. O concello esténdese na zona máis plana das concas do río Tenes e a riera de Caldes. O municipio atópase rodeado de bosques, o que tradicionalmente fixo que moitos dos seus habitantes vivisen das diversas formas de explotación forestais. Hoxe en día o municipio ten un carácter marcadamente residencial, o que fixo que estes oficios tradicionais fosen en gran medida abandonados.

Historia e Patrimonio O nome de Sant Feliu xa aparece nomeado no ano 1059. A vila tivo unha considerable importancia durante a Idade Media, gañando dito título xa na Idade moderna no ano1793. Xa no século XX, grazas ó seu clima e a proximidade con outros núcleos de poboación, a vila pasou a ser residencial. Coma exemplo de visitantes ilustres, citar ó arquitecto Antoni Gaudí, o doutor Bartomeu Robert, o filólogo Pompeu Fabra ou o político Francesc Cambó.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello

Sant Feliu de Codines