De orixe italiana, a casa de Bonaparte, dinastía Bonaparte, familia Bonaparte ou casa Imperial de Francia (orixinalmente Buonaparte) son todos os descendentes de Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino, pais do emperador francés Napoleón Bonaparte, que foi elixido primeiro cónsul de Francia o 10 de novembro de 1799 coa axuda de seu irmán Luciano Bonaparte, presidente do Consello dos Cincocentos en Saint-Cloud. Napoleón I coroouse a si mesmo emperador dos franceses en 1804, e gobernou o imperio até 1815.
A familia Bonaparte tamén tivo reis en España, Holanda, Nápoles, Westfalia e un segundo emperador dos franceses, Napoleón III. As persoas que apoiaban o reinado dos Bonaparte foron chamados bonapartistas.
Historia miniatura|200px|Armas dos Buonaparte. miniatura|200px|Armas imperiais dos Bonaparte. A familia, formalmente coñecida como Buonaparte (equivalente a "bo partido"), formaba parte da pequena nobreza italiana, proveniente da Toscana e de orixe lombarda, e situada na Lunixgiana (territorio histórico de Italia situado entre o norte da Toscana e a Liguria ao longo do río Magra, nas actuais provincias de La Spezia e Massa-Carrara).
De aí a familia trasladouse a Florencia onde se dividiu en dúas: a orixinal, Buonaparte-Sarzana, quedou asentada en Florencia, e a rama de Francesco Buonaparte trasladouse a Córsega no século XVI, cando a illa era posesión da República de Xénova.
O escudo de armas orixinal dos Buonaparte é en campo de goles, unha dupla barra de ouro acompañada no alto e no baixo dunha estrela de cinco puntas do mesmo metal. Dito escudo presentábase adornado de casco e lambrequín de goles e ouro. En 1804, Napoleón cambiou o escudo de armas dos Buonaparte polo escudo de armas imperial Bonaparte. O cambio aplicouse a todos os Bonaparte, a excepción de Luciano Bonaparte.
Seguindo a súa conquista en Europa occidental, Napoleón Bonaparte coroou o seu irmán máis vello Xosé Bonaparte (1768–1844) primeiramente rei de Nápoles (1806–1808) e despois rei de España (1808–1813); tamén nomeou o seu terceiro irmán Lois (1784–1860) rei de Westfalia (1807–1813), unha pequena rexión do norte de Alemaña (hoxe parte do Land Renania do Norte-Westfalia).
O fillo de Napoleón, Napoleón Francisco Xosé Carlos Bonaparte (1811–1832), foi feito rei de Roma (1811–1814), e proclamado emperador como Napoleón II o 22 de xuño de 1815, tras a abdicación de seu pai como consecuencia da derrota na batalla de Waterloo, deixando de selo o día 7 de xullo do mesmo ano, coa entrada dos aliados e os partidarios de Lois XVIII en París.Félix Wouters (1849): Histoire de la République et de l'Empire (1789.1815) Bruxelles: Ve Wouters.
Carlos Luís Napoleón Bonaparte (1808–1873), fillo de Lois Bonaparte, foi presidente da Segunda República Francesa de 1848 a 1852, e emperador de 1852 a 1870 co nome de Napoleón III; seu fillo, Eugène Bonaparte (1856–1879) tamén chamado o príncipe imperial, morreu combatendo os zulús en Natal, Suráfrica. Coa súa morte, a casa de Bonaparte perdeu a maior parte da súa influencia política.
A pesar da súa orixe humilde, é considerada hoxe en día como unha das dinastías máis influentes e poderosas da historia moderna, chegando a gobernar nas tres cuartas partes da Europa centro-occidental e a exercer unha inmensa influencia sobre o desenvolvemento da historia militar e política contemporánea.
Lista de soberanos da familia Emperadores dos franceses Napoleón I
Napoleón II
Napoleón III
Reis de Holanda Lois I
Lois II
Rei de Nápoles e de España Xosé I
Rei de Westfalia Xerónimo I
Princesa de Lucca e Piombino Elisa Bonaparte (1805-1814), en Lucca, e (1805-1808) en Piombino
Duquesa de Massa e Princesa de Carrara Elisa Bonaparte (1806-1814)
Gran Duquesa de Toscana Elisa I Elisa Bonaparte (1809-1814)
Duquesa de Guastalla Paulina Bonaparte (1806)
Véxase tamén Joachim Murat
Os Bonaparte no século XXI Agora que os Bonaparte non cinguen coroa, Francia é unha república semipresidencialista con territorios en América, África, Oceanía e a propia Europa como a súa parte metropolitanaa. A casa de Bonaparte constitúe unha familia nobre cuxo bo número de membros se están a dedicar á política democrática.
Á vez, a casa de Bonaparte participa en campañas de filantropía e beneficencia. Por outro lado, os bonapartistas seguen aspirando ao restablecemento da coroa napoleónica. O herdeiro actual de Napoleón Bonaparte é Xoán Cristovo Bonaparte, dedicado ao mundo das finanzas.
Xenealoxía Carlo Buonaparte │ ├──> Xosé Bonaparte (1768-1844) │ └──> Xulia Xosefina Bonaparte (1796-1796) │ └──> Zénaïde Laetitia Julie Bonaparte (1801-1854) │ └──> Charlote Napoléone Bonaparte (1802-1839) ├──> Napoleón Bonaparte │ └──>Napoleón II ├──> Luciano Bonaparte │ └──>2 fillas coa súa primeira esposa, Katherina Boyer │ └──>10 fillos coa súa segunda esposa, Alexandrine von Bleschamps, entre eles: │ └──>Pierre Napoleon Bonaparte │ └──>Louis Lucien Bonaparte │ └──>Charles Lucien Bonaparte ├──> Elisa Bonaparte (1777-1820) │ └──>5 fillos ├──> Lois Bonaparte, Rei de Holanda. │ └──> Napoleón Carlos Bonaparte (1802-1807) │ └──> Napoleón Lois Bonaparte (1804-1831) │ └──> Napoleón III (1832-1870) │ │ └──> Napoleón IV (1870-1879) │ └──> Eugène Bonaparte (1856-1879) ├──> Paulina Bonaparte (1780-1825) ├──> Carolina Bonaparte (1782-1839) └──> Xerónimo Bonaparte (1784-1860) ├──> 1 fillo con Elizabeth Patterson Bonaparte. │ └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte │ ├──> Carlos Xosé Bonaparte (1851-1921) │ └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte II (1830-1893) │ ├──> Louise-Eugénie Bonaparte (1873-1923) │ └──> Xerónimo Napoleón Carlos Bonaparte (1878-1945) └──> 3 fillos coa súa segunda esposa, Catarina de Württemberg, incluíndo a: └──>Napoleón Xosé Carlos Paulo Bonaparte └──> Napoleón Vítor Bonaparte (Napoleón V Vitor)(1862-1926) └──> Luís Napoleón Bonaparte (Napoleón VI Luís)(1914-1997) └──> Carlos Napoleón Bonaparte (*1950) └──> Xoán Cristovo Bonaparte (Napoleón VII Xoán)(*1986) └──> André Napoleón Bonaparte (Napoleón VIII André)(*1997)
Galería de imaxes Retratos
Armas
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Marie-Nicolas Bouillet et Alexis Chassang (dir.) (1878): "Bonaparte (les)", en Dictionnaire universel d'histoire et de géographie. (Wikisource en francés). Félix Wouters (1849): Histoire de la famille Bonaparte depuis mil huit cent quinze jusqu'a ce jour. París: Librairie Ethnographique. Joseph-Marie Quérard (1845): Les Bonaparte et leurs œuvres littéraires. Essai historique et bibliographique contenant la généalogie de la famille Bonaparte París: Ed. Daguin. Jean-Charles Volkmann (2001): La généalogie des Bonaparte. París: Ed. Jean-Paul Gisserot. ISBN 978-2-87747-586-0. Federico Galantini (2004): Napoléon et Sarzane, Les origines italiennes des Bonaparte. París: Éd. Michel de Maule. ISBN 978-2-8762-3149-8. François Demartini e Antoine Marie Graziani (2001): Les Bonaparte en Corse. Ajaccio, Corse, France: Éd. Alain Piazzola. ISBN 978-2-9071-6159-6.
Outros artigos Historia de Francia Historia de Italia Historia de España Napoleón I de Francia
Ligazóns externas Genealogy of the Bonaparte Family . Consultada o 11 de outubro de 2016. Web oficial da Société Napoléonienne Internationale / International Napoleonic Society , . Consultada o 11 de outubro de 2016. Museo Napoleónico de Roma . Consultada o 11 de outubro de 2016. "La captivité, la maladie, la mort, et les médecins autour de Napoléon" en L'AUTRE SAINTE-HÉLÈNE . Consultada o 11 de outubro de 2016. Marco Jorio: "Bonaparte en Dictionnaire historique de la Suisse en liña. Consultada o 11 de outubro de 2016. "La voz Napoleónica del Mundo Hispánico. Presencia, Legado & Tradición" na web do Instituto Napoleónico México-Francia . Consultada o 11 de outubro de 2016.
Categoría:Familias reais