Santa Maria de Martorelles é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.
Xeografía Tradicionalmente a poboación viviu da agricultura, especialmente o cultivo da vide e as árbores froiteiras. Dende finais do século XX a poboación comezou a adicarse sobre todo a industria. O territorio é moi accidentado onde predomina o piñeiro branco nas zonas máis baixas, e a aciñeira nas partes altas.
Historia e patrimonio O núcleo urbano desenvolveuse ó redor da igrexa parroquial de Santa María. Documentada esta dende o ano 1005, conservando aínda elementos románicos da primitiva construción, aínda que se considera fundamentalmente unha igrexa gótica. No ano 1936 destruíronse a maior parte da ourivaría coa que contaba.
A zona tamén ten restos de asentamentos prehistóricos e dolmens, que testemuñan a presenza dos iberos. No ano 1927, Martorelles de Dalt separouse de Martorelles de Baix, recuperando o nome de Santa Maria, que tamén é o da parroquia.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do concello
Santa María de Martorelles