Frode Grodås, nado en Hornindal o 24 de outubro de 1964 é un adestrador e ex xogador de fútbol noruegués.
Traxectoria Xogou, como porteiro, en diferentes clubs noruegueses pero principalmente no Lillestrøm no que estivo dez anos. Despois pasou por varios equipos de países estraneiros, Inglaterra, Alemaña e España. Gañou a FA Cup inglesa en 1997 co Chelsea. Acabou a súa carreira profesional no Hønefoss.
Adestrador Estudou na Escola de Ciencias do Deporte de Noruega,Bugge, Mette (5 de setembro de 2008). "40 år og fortsatt full fart". Aftenposten, p. 20. e logo de retirarse como xogador adestrou o HamKam desde o 1 de decembro de 2005. Tras unha mala tempada o HamKam descendeu da Tippeligaen e o club despediuno o7 de novembro de 2006.
En decembro de 2006, Grodås asinou un contrato de tres anos co Lillestrøm como adestrador de porteiros, e tamén actuou como terceiro gardameta do club, e así en xuño de 2007 cando o primeiro porteiro Heinz Müller quedou suspendido por darlle a Geir Ludvig Fevang no seu xeonllo esquerdo. Por mor disto, Grodås sentou no banco de reservas durante o partido co Sandefjord. En 2010 tras rematar o seu contrato co Lillestrøm converteuse en adestrador de porteiros da selección nacional norueguesa.
Notas
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Futbolistas de Noruega Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do FC Schalke 04 Categoría:Xogadores do Hønefoss BK Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores do Sogndal Fotball Categoría:Xogadores do Lillestrøm SK Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Adestradores de fútbol de Noruega