O Estadio Municipal Julio Mato é un estadio de fútbol situado no concello de Noia. Situado no lugar de San Lázaro, é de propiedade municipal e é utilizado polo CF Noia. Chamado anteriormente Estadio Municipal de San Lázaro, en 2018 cambiou de denominación, recibindo o nome do futbolista noiés Julio Mato "Matito".
Características O estadio conta cunha bancada principal con capacidade para 1.000 persoas. Está equipado con cinco vestiarios, pistas de atletismo e céspede natural.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do estadio na páxina do CF Noia . Datos do estadio en camposgallegos.es . Datos do estadio no sitio web da Real Federación Galega de Fútbol.
Categoría:Campos de fútbol da provincia da Coruña Categoría:Deporte en Noia Categoría:Noia sen imaxes