Waiblingen é unha cidade situada a uns 15 km ao nordés de Stuttgart no Land de Baden-Württemberg, no suroeste de Alemaña.
É a capital e a cidade máis grande do distrito de Rems-Murr.
Do nome do seu antigo castelo deriva a apelación de xibelinos.
Historia
885: Primeira mención escrita polo emperador carolinxio de Occidente Carlos III o Gordo. 1971: Gotthard Heinrici, xeneral alemán da Wehrmacht, faleceu o 13 de decembro nesta localidade.
Xeografía
Waiblingen componse dun núcleo e dos barrios de Beinstein, Bittenfeld, Hegnach, Hohenacker e Neustadt, que se integraron en Waiblingen como parte das reformas territoriais dos anos 1970.
Véxase tamén
Categoría:Cidades de Alemaña