Solomon Mangwiro Mutswairo, nado en Zawu o 26 de abril de 1924 e finado en novembro de 2005 foi un escritor zimbabwés, que escribiu en 1957 a primeira novela en lingua shona, Feso.
Traxectoria Mutswiro medrou en Zambia e estudou na Universidade de Fort Hare, e despois foi profesor e director de escolaSolomon Mutswairo Encyclopaedia Britannica. Feso, escrita a finais da década de 1940 dialecto zezuru e publicada en 1957 en Suráfrica co apoio da oficina gobernamental de publicacións de Rodesia do Sur pero sen incluír o primeiro capítulo orixinalAdrian A. Roscoe (2008) The Columbia Guide to Central African Literature in English Since 1945 Columbia University Press, p. 202, é unha narración con implicacións políticas sutís cunha trama que se desenvolve no século XVIIRuramisai Charumbira (2015) Imagining a Nation: History and Memory in Making Zimbabwe Reconsiderations in Southern African History. University of Virginia Press, antes da colonización europea, mo medio dunha guerra entre dúas tribos. Máis aló o uso da lingua shona, a novela incorpora numerosas características da cultura zezuru oral, incluíndo cancións e técnicas de recitado. A obra transcendeu á pequena elite intelectual do país, e Feso converteuse nunha obra popular, e mesmo ensinouse nas escolas, ata que o goberno rodesiano a prohibiu a mediados da década de 1960.
Despois de publicala Mutswairo foi estudar aos Estados Unidos a primeiros da década de 1960, orixinalmente cunha bolsa Fulbright. Recibiu o doutorada na Universidade Howard en 1978, coa tese Oral Literature in Zimbabwe: An Analytico-Interpretive Approach. Mutswairo tamén escribiu poesía e prosa en inglés. Publicou dúas novelas históricas sobre as figuras históricas do século XIX Kadungure Mapondera e Chaminuka. Parte da súa poesía shona traduciuna ao inglés e publicouna en Zimbabwe: Prose and PoetryWilliams, Angela A. "Mother Tongue: Interviews with Musaemura B. Zimunya and Solomon Mutswairo." The Journal of African Travel-Writing, Number 4 (1998), 36-44. .. Foi ademais presidente do National Arts Council of Zimbabwe a finais da década de 1950. Mutswairo é autor da letra de "Simudzai mureza weZimbabwe", o himno nacional zimbabwés.
Obras Feso. , Cape Town:Oxford University Press1, 1957. Zimbabwe: Prose and Poetry (editor e contribuidor). Washington: Three Continents, 1974. Mapondera, Soldier Of Zimbabwe. Washington: Three Continents, 1978. Tagutapadare: Poems for children (poemas infantís en shona con tradución ao inglés), 1982 Chaminuka, Prophet Of Zimbabwe. Washington: Three Continents, 1983. Nduri DzeZimbabwe (contribuidor, antoloxía de poemas celebrando a independencia de Cimbaue), 1983 Mweya waNehanda (teatro en shona) Harare:College Press, 1988 Hamandishe (novela en shona), 1988 Introduction to Shona Culture. Zimbabwe: Juta Zimbabwe, 1996.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bessant, Leslie. "Songs of Chiweshe and Songs of Zimbabwe." African Affairs, Vol. 93, No. 370. (1994), 43-73. Burgess, Don. "Three Continents Press: A Blazer of Trails." Journal of Black Studies, Vol. 12, No. 4. (1982), 451-456. Burgess, M. Elaine. "Ethnic Scale and Intensity: The Zimbabwean Experience." Social Forces, Vol. 59, No. 3. (1981), 601-626. Chimhundu, Herbert. "Early Missionaries and the Ethnolinguistic Factor during the 'Invention of Tribalism' in Zimbabwe." The Journal of African History, Vol. 33, No. 1. (1992), 87-109. Ranger, Terence. "The People in African Resistance: A Review." Journal of Southern African Studies, Vol. 4, No. 1, (1977), 125-146.
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2005 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua shona Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Nados en Zimbabwe Categoría:Escritores de Zimbabwe