miniatura|dereita|380px|Oasis de Huacachina. 380px|miniatura|dereita|Vista panorámica da lagoa. 380px|miniatura|dereita|Vista panorámica do oasis e os seus arredores. A lagoa de Huacachina é un oasis situado a 5 km ao oeste da cidade de Ica (no Perú) e a 60 km ao leste da costa do océano Pacífico. Preséntase como un verdadeiro oasis natural no medio das areas brancas do deserto costeiro do Perú. De augas cor verde esmeralda, xurdiu debido ao afloramento de correntes subterráneas e ao redor dela hai unha abundante vexetación composta de palmeiras, eucaliptos (especies introducidas) e a especie de alfarrobeira coñecida como huarango, que serven para o descanso das aves migratorias que pasan por esta rexión. Tamén é coñecido como o oasis de América.

Huacachina ten unha poboación permanente de arredor de cen persoas aínda que acolle decenas de milleiros de turistas cada ano.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Imaxe xigapixel de Huacachina

Categoría:Xeografía do Perú