Medal of Honor: Rising Sun é un videoxogo bélico e o quinto título da serie de videoxogos Medal of Honor, estreado por EA Games en novembro de 2003. Como os seus predecesores, Rising Sun é un tirador en primeira persoa ambientado na segunda guerra mundial, e ó contrario que eles está ambientado na Guerra do Pacífico. Ten dispoñibles os modos de multixogados, e en modo un xogador, asúmese o papel do sarxento Joseph Griffin da Mariña dos Estados Unidos.

Foi proposta unha secuela na que o xogador asumía o papel do irmán de Joseph, Donnie. Porén, foi cancelado despois das críticas diversas de Rising Sun.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Videoxogos de 2003 Categoría:Videoxogos de PlayStation 2 Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Videoxogos de Nintendo GameCube Categoría:Videoxogos de Xbox Categoría:Videoxogos dun xogador e multixogador