Manuel Diz Ramos, nado en Alén (Xirazga, Beariz), en 1927, é un escritor galego. Traxectoria Era fillo do comerciante José Diz Gil e mais de Genoveva Ramos Ogando, que emigraron á capital do estado en diferentes momentos e circunstancias. O seu bisavó traballara na construción e fixo obras como o ferrocarril. De adolescente traballou nas minas de estaño no seu poboado de orixe e como canteiro nas provincias de Huesca e León.
A finais do ano 1946 emigrou para o Brasil.Entrevista en Brasil das Gerais Rede Minas, 2013. Nos primeiros anos residiu en Salvador, Baía, e máis tarde, en 1951, pasou a vivir a Belo Horizonte, Minas Xerais, onde traballou no comercio e a construción civil. Estudou no colexio Santo António e fixo un curso de posgraduado de especialización no ensino de Ciencias na Universidade Federal de Minas Gerais, tras o que exerceu como docente de matemáticas e física.
Foi introdutor e primeiro correspondente da revista Carta de España, editada polo Instituto Español de Emigración. Foi Presidente do Instituto Mineiro de Cultura Hispánica, en Belo Horizonte e director-presidente, por varios anos, do Grémio Español de Socorros Mutuos e Instrución. Foi tamén Consultor de Física, por varias veces, no sector de Suplencia (DESU) en Belo Horizonte. Coordinou e compilou o libro Noventa años de Historia del Gremio Español de S. Mútuos e Instrucción (2001).
Obra Phoenix Hispánica (1998) (tamén en portugués) Phoenix Hispánica Poemas na emigración (inédito; a maior parte do contido apareceu a partir do 1993 na revista O Quince do Concello de Beariz) Poemas na emigración Espanhóis em Belo Horizonte (2011; en portugués) Fragmentos de lendas e contos de aldea (2004) Isaías, o emigrante soñador (2004) Isaías, o emigrante soñador O mundo de Thaynara (2007) Os Andaregos de Patópolis (2004) Os Andaregos de Patópolis Rancores do pasado (2007) Un neno da aldea (2008) Ensaio sobre a Guerra Civil Espanhola. Uma vivência das verdadeiras emoções (2011) "Lançamento do livro - Manuel Diz Ramos" 17/11/2011. Planeta Terra e seus Mistérios (inédito) A república de Patópolis (inédito) Vidas fragmentadas (inédito)
Obra colectiva Pedigree
Premios Recibiu a "Encomenda da Orde do Mérito Civil do Reino de España", imposta por Xoán Carlos I.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Manuel Diz Ramos na Biblioteca Virtual Galega, UDC. "Veintidós plumas con Pedigree dan ayuda solidaria a A Estrada" Faro de Vigo, 3/5/2013. "Minas de estaño (Manuel Diz Ramos)" fragmento lido por Isidro Novo. AELG.
Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados en Beariz Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Escritores de Galicia