Ken Remi Stefan Strandberg, nado en Lyngdal o 25 de xullo de 1990, é un futbolista noruegués que xoga como defensa co Hannover 96 cedido polo FC Krasnodar.
Traxectoria Strandberg xogou co equipo da súa cidade local, o Lyngdal IL ata que marchou ao FK Mandalskameratene en 2006 onde debutou co primeiro equipo con quince anos. Xogou tres tempadas co equipo e fixo oito aparicións na primeira división norueguesa.Strandberg fichou en xaneiro de 2009 polo Vålerenga, club da máxima categoría, a Tippeligaen. En xullo de 2009 o club cedeuno ao Bryne FK, como substituto para o lesionado Christian Gauseth. Debutou na Tippeligaen o 12 de setembro de 2009 ao substituír a Mohammed Fellah a 11 minutos do remate do partido contra o Fredrikstad. Na tempada 2012 pasou ao Rosenborg. O 26 de agosto de 2016 uniuse ao Hannover 96 cedido polo FC Krasnodar para o resto da tempada 2016–17.
Carreira internacional Strandberg xogou por primeira volta coa selección norueguesa na categoría sub-15 en 2005. Convocárono coa selección absoluta para a King's Cup de 2012 pero por mor dunha lesión retirouse, substituíndoo Thomas Drage. Tamén o convocaron para partidos amigables contra Suráfrica e Zambia en xaneiro de 2013, mais debido a unha cirurxía na cadeira non puido participar. Xogou o seu primeiro partido internacional o 19 de novembro de 2013 nun amigable contra EscociaFicha de Stefan Strandberg en eu-football.info.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Xogadores do Bryne FK Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Noruega Categoría:Xogadores do Rosenborg BK Categoría:Xogadores do Vålerenga Fotball Categoría:Nados no condado de Agder Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Krasnodar Categoría:Xogadores do Hannover 96