Heinz-Harald Frentzen, nado en Mönchengladbach (Renania do Norte-Westfalia) o 18 de maio de 1967, tamén coñecido como 'HHF', é un expiloto de carreiras alemán. Foi subcampión no campionato do mundo de pilotos da fórmula un de , pilotando para Williams.

Traxectoria Frentzen naceu o 18 de maio de 1967 na cidade de Alemaña Occidental de Mönchengladbach fillo de Heinrich-Harald Frentzen, un empresario de pompas fúnebres alemán, e a súa esposa española Angela. Ten dúas irmás, Sylvia, teóloga, Sonia, mestra e dúas medias irmás Samantha e Nicole-Nadine. A súa familia estaba conectada co automobilismo; o seu pai correu entre 1950 e 1957. Os pais de Frentzen divorciáronse cando tiña oito anos e o seu pai casou posteriormente cunha mexicana Araceli, mentres Angela regresou a España.

Frentzen comezou nos kart aos doce anos de idade, despois de que o seu pai lle regalase o seu primeiro kart, e fixo uns inicios extraordinariamente acertados. En 1981, con catorce anos, Frentzen gañou o Campionato Alemán Júnior Kart. Dous anos máis tarde, Frentzen participou no CIK Asia Pacific Championships en Australia pilotando un Dino aínda que non terminou. En 1984, terminou en segundo lugar na clase 100cc. Financiado e apoiado polo seu pai, propietario dunha funeraria, quen tamén actuou tanto como xefe de equipo como de xefe mecánico.

En 1986, Frentzen pasou a competir nas series Fórmula Ford 2000 alemá. Logo de dúas tempadas na Fórmula Ford foi subcampión na serie en 1987, malia non participar en todas as carreiras. Frentzen progresou á Fórmula alemá Opel Lotus en 1988 no Equipo Júnior do expiloto de Fórmula Un Jochen Mass, quen quedara impresionado polas actuacións de Frentzen na Fórmula Ford. Frentzen foi campión da serie alemá no seu primeiro ano e o seu compañeiro de equipo Marco Werner terminou terceiro no campionato. Tamén participou na Fórmula Opel Lotus Euroseries, onde terminou 6º no campionato, con 56 puntos.

O seguinte paso foi o Campionato Alemán de Fórmula 3 en 1989, onde Frentzen competiu contra moitas futuras estrelas, incluíndo Michael Schumacher e Karl Wendlinger. Nese momento, houbo un grande apoio de Bernie Ecclestone para ter un piloto alemán no Campionato do Mundo de Fórmula Un, polo que o ONS (Oberste Nationale Sportkommission, comité nacional do automobilismo alemán) decidiu apoiar a Frentzen e Schumacher. O ONS ofertou unha recompensa dunha proba na Fórmula Un para o primeiro piloto que lograra unha vitoria nunha carreira de Fórmula 3. Gañou Schumacher, nunha polémica carreira en Zeltweg, Austria, na que Frentzen afirmou que Schumacher obrigouno a abandonar a pista. Con todo, Schumacher non obtivo a proba na Fórmula Un de todos os xeitos; Karl Wendlinger gañou o campionato alemán de Fórmula 3 e Frentzen converteuse en subcampión conxunto con Schumacher (os dous terminaron empatados a puntos).

En 1990, Frentzen incorporouse a serie fórmula 3000 Internacional pilotando para Eddie Jordan Racing xunto con Eddie Irvine. Frentzen terminou a tempada 16º no campionato, anotando 3 puntos. No mesmo ano, tamén participou no World Sports Prototype Championship pilotando un Mercedes-Benz C11 cun podio e seis puntos. En 1991, Frentzen continuou pilotando na Fórmula 3000 International para Vortex Motorsport e anotou cinco puntos.

Fórmula Un Sauber (1994-1996) miniatura|left|190px|Frentzen no GP de Francia de 2003

Na tempada de Fórmula 1, Peter Sauber ofreceulle ao alemán unha proba para a Fórmula 1 nun coche Sauber C13 con motor Mercedes-Benz, para ser compañeiro de equipo de Wendlinger. A súa actuación impresionou a Frank Williams, tanto que este lle ofreceu substituír o falecido Ayrton Senna en Williams trala morte do brasileiro, pero Frentzen decidiu seguir con Sauber, e as súas actuacións mantiveron o nivel do equipo despois de que Wendlinger sufrise varias feridas en Mónaco.

Na tempada de Fórmula 1, cos novos motores Ford, Frentzen conseguiu o seu primeiro podio e acabou noveno no Campionato de Pilotos. Con todo, na tempada , a falta de fiabilidade do Sauber fixo que se retirase en moitas carreiras. Das súas actuacións naquel ano destaca que foi un dos catro pilotos que logrou acabar o Gran Premio de Mónaco de 1996, no que as fortes choivas fixeran acto de presenza.

Williams (1997-1998) A tempada debería ser a da explosión de Frentzen, dado que asinou co equipo Williams-Renault, que dominara a tempada anterior. Logrou a súa primeira vitoria no Gran Premio de San Marino, pero a tempada foi desalentadora para o piloto alemán, xa que pasou dunha atmosfera de equipo case familiar en Sauber a ter problemas con Patrick Head. Malia que se clasificaba ben, adoitaba perder posicións durante a carreira e quedar detrás do seu compañeiro de equipo Jacques Villeneuve. Na seguinte tempada, xa sen o motor Renault, Williams perdeu posicións con respecto a Ferrari e McLaren, sendo o mellor resultado de Frentzen un terceiro posto no Gran Premio de Australia, a primeira carreira da tempada.

Jordan (1999-2001) e Prost (2001) Na tempada de Fórmula 1 de , Frentzen pasouse a Jordan-Honda, gozando da que probablemente sería a súa mellor tempada na Fórmula 1, con dúas vitorias nos Grandes Premios de Francia e Italia, acabando terceiro no mundial de pilotos. Co seu triunfo en Monza na décimo terceira cita pasou a ser o terceiro en discordia na loita polo mundial, colocándose a só dez puntos de Mika Häkkinen e a nove de Eddie Irvine. Na sesión de cualificación do Gran Premio de Europa de 1999, o alemán lograba a súa primeira pole do ano. Con todo, a metade da carreira viuse obrigado a abandonar debido a un problema eléctrico cando lideraba comodamente a proba, feito que sumado aos problemas clasificatorios en Malaisia quitáronlle calquera opción de alzarse co campionato. Sumou seis podios aquel ano. As tempadas e foron os escenarios dunha batalla co equipo British American Racing, ao que Honda comezou tamén a fornecer motores. Frentzen conseguiu dous podios no 2000, pero Jordan acabou igualmente por baixo de BAR no Campionato de Construtores. Frentzen abandonaría o equipo na tempada , tras varias carreiras sen puntos, lesións e unha serie de retiradas, sendo substitudo por Jean Alesi. O alemán ocupou o lugar de Alesi na escudería Prost durante o resto da tempada.

Arrows (2002) e Sauber (2002-2003) Na tempada , Frentzen participou en varias carreiras con Arrows ata a creba da escudaría. Puido participar con Sauber no Gran Premio dos Estados Unidos de 2002 substituíndo a Felipe Massa, acabando en décimo terceira posición. En 2003, foi piloto titular de Sauber xunto a Nick Heidfeld, logrando un terceiro posto no Gran Premio dos Estados Unidos.

Rexistro de carreiras Traxectoria profesional

Resultados completos na Fórmula 3000 International (clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida) Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 DC Puntos 1990 Eddie Jordan Racing Reynard 90D Mugen DONRet SILRet PAURet JER17 MNZRet PER5 HOC6 BRH7 BIRRet BUGRet NOGNSC 18º 3 1991 Vortex Motorsport Lola T91/50 Mugen VALRet PAURet JER12 MUG6 PER5 HOCNSC BRH12 SPA5 BUGRet NOGRet 14º 5

Resultados completos na Fórmula 3000 xaponesa (clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (carreiras en itálica indican volta rápida) Anor Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 DC Puntos 1992 Team Nova Lola T92/50 Mugen SUZ FUJ MIN SUZ AUT SUG FUJ FUJ SUZ6 FUJ7 SUZ3 14º 5 1993 Team Nova Lola T93/50 Mugen SUZRet FUJRet MINRet SUZ8 SUG14 FUJ2 SUZ10 FUJ12 SUZ5 9º 8

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Anor Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts. Sauber Mercedes Sauber C13 Mercedes 2175B 3.5 V10 BRARet PAC5 SMR7 MONNTS ESPRet CANRet FRA4 GBR7 ALERet HUNRet BELRet ITARet PORRet EUR6 XPN6 AUS7 13º 7 Red Bull Sauber Ford Sauber C14 Ford ECA Zetec-R 3.0 V8 BRARet ARX5 SMR6 ESP8 MON6 CANRet FRA10 GBR6 ALERet HUN5 BEL4 ITA3 POR6 EURRet PAC7 XPN8 AUSRet 9º 15 Red Bull Sauber Ford Sauber C15 Ford JD Zetec-R 3.0 V10 AUS8 BRARet ARXRet EURRet SMRRet MON4 ESP4 CANRet FRARet GBR8 ALE8 HUNRet BELRet ITARet POR7 XPN6 12º 7 Rothmans Williams Renault Williams FW19 Renault RS9 3.0 V10 AUS8 BRA9 ARXRet SMR1 MONRet ESP8 CAN4 FRA2 GBRRet ALERet HUNRet BEL3 ITA3 AUT3 LUX3 XPN2 EUR6 2º 42 Winfield Williams Williams FW20 Mecachrome GC37-01 V10 AUS3 BRA5 ARx9 SMR5 ESP8 MONRet CANRet FRA15 GBRRet AUTRet ALE9 HUN5 BEL4 ITA7 LUX5 XPN5 7º 17 Benson & Hedges Jordan Jordan 199 Mugen Honda MF-301 HD 3.0 V10 AUS2 BRA3 SMRRet MON4 ESPRet CAN11 FRA1 GBR4 AUT4 ALE3 HUN4 BEL3 ITA1 EURRet MAL6 XPN4 3º 54 Benson & Hedges Jordan Jordan EJ10 Mugen Honda MF-301 HD 3.0 V10 AUSRet BRA3 SMRRet GBR17 ESP6 EURRet MON10 CANRet FRA7 AUTRet 9º 11 Jordan EJ10B Mugen Honda MF-301 HE 3.0 V10 ALERet HUN6 BEL6 ITARet USA3 XPNRet MALRet Benson & Hedges Jordan Honda Jordan EJ11 Honda RA001E 3.0 V10 AUS5 MAL4 BRA11 SMR6 ESPRet AUTRet MONRet CAN EURRet FRA8 GBR7 ALE 13º 6 Prost Acer Prost AP04 Acer 3.0 V10 HUNRet BEL9 ITARet USA10 XPN12 Orange Arrows Arrows A23 Cosworth CR-3 3.0 V10 AUSDSC MAL11 BRARet SMRRet ESP6 AUT11 MON6 CAN13 EUR13 GBRRet FRANSC ALERet HUN BEL ITA 18º 2 Sauber Petronas Sauber C21 Petronas 02A 3.0 V10 USA13 XPN Sauber Petronas Sauber C22 Petronas 03A 3.0 V10 AUS6 MAL9 BRA5 SMR11 ESPRet AUTNTS MONRet CANRet EUR9 FRA12 GBR12 ALERet HUNRet ITA13 USA3 XPNRet 11º 13

Resultados completos no DTM (clave) ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos Puntos 2004 OPC Team Holzer Opel Vectra GTS V8 2004 HOC11 EST12 ADR12 LAURet NORRet SHA7 NÜRRet OSC14 ZANRet BRN6 HOC12 14º 3 2005 OPC Team Holzer Opel Vectra GTS V8 2005 HOCRet LAU14 SPA15 BRN3 OSC14 NOR6 NÜR12 ZAN3 LAU7 ISTRet HOC18 8º 17 2006 Abt Sportsline Audi A4 DTM 2006 HOC3 LAU13 OSC4 BRA17 NOR11 NÜR6 ZAN5 CAT3 BUG10 HOC14 7º 24 Unha carreira fóra de campionato disputouse en 2004 nas rúas de Shanghai, China.

Resultados Completos nas 24 Horas de Le Mans Ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase voltas Pos. xeral Pos. clase 1992 Euro Racing Charles Zwolsman, Sr. Shunji Kasuya Lola T92/10-Judd C1 271 13º 6º 2008 Aston Martin Racing Andrea Piccini Karl Wendlinger Aston Martin DBR9 GT1 339 16º 4º

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Hybrid Racing AG Official website

Categoría:Nados en 1967 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Sauber Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Williams Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Jordan Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Prost Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Arrows Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados en Renania do Norte-Westfalia