Ghedi (Ghét no dialecto bresciano) é un municipio (comune) situado na provincia de Brescia (Lombardía). Ten dúas aldeas (frazioni), Belvedere e Ponterosso.

A cidade é a sede dun destacamento da Aeronautica Militare italiana, situado no aeroporto de Ghedi, onde se sitúa a estación meteorolóxica de Brescia-Ghedi.

Xeografía e demografía O concello de Ghedi ten unha extensión de 60,84 km² e unha poboación de 18 910 habitantes (segundo o censo de 30 de novembro de 2009),Datos do ISTAT . do que resulta unha densidade de poboación de 310,82 hab/km². A súa poboación, segundo datos do ISTAT (Istituto nazionale di statistica), está medrando máis do 10 % por década.

Os seus habitantes, chamados ghedesi, falan, ademais do italiano, a lingua lombarda, na súa variedade do dialecto bresciano.Toponimi in dialetto brescianoVV. AA. (1966): Dizionario di toponomastica. Storia e significato dei nomi geografici italiani. Milano: GARZANTI, p. 303.

Situada a 85 m sobre o nivel do mar, o núcleo antigo da localidade formouse ao redor dun recinto fortificado, cuxo lugar, aínda hoxe, chaman o Castello.

Desde o 22 de xuño de 2009, o alcalde (Sindaco) é Lorenzo Borzi, da coalición Fratelli d'Italia - Alleanza Nazionale (FdI-AN), de centro dereita.

miniatura|220px|Igrexa parroquial de Sª Mª Assunta. Campanario e ábsida. A igrexa parroquial foi reedificada na primeira metade do século XVII sobre unha basílica románica do século VIII.

En Ghedi ten a sede a Sexta Ala (6° Stormo) das Forzas aéreas de Italia (Aeronautica Militare), xunto ao aeroporto de Ghedi-Castenedolo, onde está localizada a estación meteorolóxica de Brescia-Ghedi.

Monumentos e lugares de interese Chiesa Parrocchiale (Igrexa parroquial): constuída sobre unha igrexa parroquial antiga, é un edificio do século XVII. Acaroado a ela encóntrase o campanario, do século XV (Quattrocento). Palazzo comunale (Casa do Concello): de orixe medieval con trazas arquitectónicas dos séculos XV e XVI. Loggia delle grida: do Quattrocento Chiesetta della Beata Vergine di Caravaggio (Capela da Beata Virxe de Caravaggio: construída en 1759. Santuario dei Morti della Fossetta ou de San Rocco (san Roque): construído en memoria da peste de 1630. Palazzo Mondella: do século XVIII, coa fachada decorada con escudos de armas. Palazzo Ochi: do século XVIII.

Personaxe célebre relacionado con Ghedi Lois II o Mozo, rei de Italia e emperador de Occidente, morreu en Ghedi o 12 de agosto de 875.Louis "le Jeune" en Medieval Lands . Consultada o 14 de novembro de 2016.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Provincia de Brescia

Ligazóns externas Web oficial da Comune di Ghedi . Consultada o 14 de novembro de 2016.

Categoría:Xeografía de Italia