Lorena Conde Martínez, nada en Ponte Sampaio o 22 de febreiro de 1980, é unha actriz, dramaturgaDos escenarios á primeira liña poética: Lorena Conde, Premio González Garcés, nova en Letraenobras.com. e poeta galega.
Traxectoria É licenciada en Filoloxía Hispánica e posgraduada en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Así mesmo, é graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre MateoFicha da actriz en Culturactiva.org..
Comezou no teatro universitario, primeiro como actriz e máis tarde como directora. Dende 1999 traballa como actriz en varias compañías galegas. A partir do ano ano 2000 comezou a traballar como directoras de compañías teatrais como Captatio Benevolentiae, Enlata Teatro, ou Farrapo Teatro. En 2013 foi cofundadora de Matrioshka Teatro, coa que gañou varios premios María Casares.
Na súa faceta de poeta, gañou a XVIII edición do Premio de poesía Miguel González GarcésLorena Conde gaña con “Entullo” o XVIII Premio González Garcés de Poesía da Deputación da Coruña, na páxina web da Deputación da Coruña o 23 de novembro de 2016. (2016) co libro Entullo.
Obras
Poesía miniatura|Con Baldo Ramos en Pontevedra, 31/05/2018Entullo (2017). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-299-2. O perfil da boca (2020). Urutau. As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor (2021). Allariz: Aira Editorial, colección ‘Fina Rei’ de poesía feminina. 66 páxs. ISBN 9788412263169. Este libro é unha homenaxe ás mans que traballan e ás que traballan coas mans. Ave do paraíso (2021). Apiario. 72 páxs. ISBN 987-84-947389-8-2.
Teatro
Santa Inés (2019). Urutau.
Festas de gardar. Díptico para a resistencia (2023). Cuarto de Inverno.
Premios
2016: XVIII edición do premio de poesía Miguel González Garcés co libro de poesía Entullo. 2020: III Premio María Victoria Moreno por Velloucas e minchas. 2020: XXXVI premio Cidade de Ourense de poesía por As puntas da louza. Cancioneiro popular de labor. 2020: Premio Filomena Dato por Ave do Paraíso.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Conde no sitio web de Matrioshka Teatro. 20pxPreséntase en Compostela o libro "Entullo" , de Lorena Conde (2017)
Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de Pontevedra Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1980