L'Esquirol (ata 2014 Santa Maria de Corcó) é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona.
Historia 250px|thumb|left|Vista de L'Esquirol. Orixinouse no século XV no camiño entre Vic e Olot. O núcleo inicial foi un hostal chamado Hostal de l'Esquirol pola presenza dun esquío (esquirol en catalán) na zona. En 1743 o nome da localidade pasou a ser Santa Maria de Corcó, polo traslado da parroquia.
No século XIX os traballadores dunha fábrica de Manlleu en folga foron substituídos por parados do concello de L'Esquirol, feito que provocou o uso do termo esquirol para referirse a quen rompe unha folga.Ajuntament de l'Esquirol, Les terres de Cabrera i el Collsacabra
Entre 1937 e 1939 a localidade cambiou o nome de Santa Maria de Corcó por L'Esquirol, recuperando así o nome orixinal. Entre 1939 e 2014 o nome oficial foi novamente Santa Maria de Corcó.
O 23 de febreiro de 2014 someteuse a consulta manter o nome do concello ou cambialo polo de L'Esquirol. Aínda que máis do 90% dos veciños que participaron na consulta votaron a favor do cambio de nome, en principio o Concello optou por non cambialo, xa que a participación, que foi do 42% do censo, non chegara ao mínimo do 50% fixado polo consistorio como necesario para ter validez. Non obstante, o 11 de marzo de 2014, o pleno do concello, con sete votos a favor e tres abstencións, optou por tirar adiante coa proposta e cambiar definitivamente o nome de Santa Maria de Corcó polo de L'Esquirol. O 4 de xuño de 2014 o DOGC publicou a resolución de 28 de maio que daba oficialidade ao cambio de nome do concello.
Demografía Tiña en 2016 unha poboación de 2.168 habitantes agrupados en 4 entidades de poboación: Cantonigròs L'Esquirol Sant Julià de Cabrera Sant Martí Sescorts
Lugares de interese Igrexa de Sant Martí Sescorts Codolera del Sitjar Morral de Caselles Puig de Caselles Puigdeniu Puigsespedres
Notas
Véxase tamén
Sitio web do concello
Esquirol