Karl Grobben, escrito ás veces como Carl Grobben, nado en Brno (daquela, Brünn) o 27 de agosto de 1854 e finado en Salzburgo o 13 de abril de 1945, foi un zoólogo austríaco.Georg Uschmann (1966)."Grobben, Karl" en Neue Deutsche Biographie. Vol. 7 Berlin: Duncker & Humblot. ISBN 3-428-00188-5, p. 101.
Traxectoria
Estudou historia natural e particularmente zooloxía na universidade de Viena onde se doutorou en 1877. Dous anos máis tarde volveu a esa universidade como docente. En 1884 foi nomeado profesor asociado e, ao ano seguinte, casa con Ida Tschermak von Seysenegg, filla do mineraloxista Gustav Tschermak von Seysenegg (1836-1927), matrimonio que tería unha filla.
En 1889 participou nunha expedición ao leste do Mediterráneo organizada pola Academia de Ciencias de Viena. En 1893 foi o director do Zootomischen Institut e, en 1896, do Instituto de Zooloxía da universidade de Viena.
Dedicou o seu traballo sobre todo ao estudo da anatomía, a histoloxía e a evolución dos moluscos e os crustáceos inferiores, así como ao estudo das medusas e dos vermes. É recordado sobre todo pola impórtate mellora da intricada taxonomía dos crustáceos.
Grobben foi o autor de obras fundamentais, como Zur Kenntnis des Stammbaumes und des Systems der Crustaceen (1892), Die systematische Einteilung des Tierreichs (1908), así como de numerosos artigos científicos. Tamén foi o editor dunha nova edición do Lehrbuch der Zoologie de Carl Friedrich Wilhelm Claus, e foi quen cuñou os termos protóstomos e deuteróstomos (e describiu os taxons correspondentes).
Taxonomía Taxons creados por Grobben Entre outros, Grobben creou os seguintes taxons: Eumalacostraca Grobben, 1892 Sagittidae Claus & Grobben, 1905 Sagittoidea Claus & Grobben, 1905 Protostomia Grobben, 1908 Deuterostomia Grobben, 1908
Taxons nomeados na honra de Grobben Entre os taxons dedicados a Grobben por outros autoires están: Gerbillus grobbeni Klaptocz, 1909 Sphaerophthalmus grobbeni Spandl, 1923 Limnadia grobbeni Daday, 1925 Actinia grobbeni Watzl, 1922 Paladilhiopsis grobbeni Kuscer, 1928 Raillietina grobbeni Böhm, 1925 Trypanophis grobbeni (Poche, 1904)
Notas
Categoría:Científicos de Austria Categoría:Zoólogos de Austria Categoría:Nados en 1854 Categoría:Nados en Brno Categoría:Finados en 1954 Categoría:Malacólogos de Austria