Carlos Solchaga Catalán, nado en Tafalla o 28 de maio de 1944, é un economista, político español e ex-dirixente do Partido Socialista de Navarra e do Partido Socialista Obrero Español. Foi ministro de Economía de España.
Traxectoria Carlos Solchaga naceu na localidade navarra de Tafalla en 1944. Gradouse en Economía e Negocios pola Universidade Complutense de Madrid en 1966. Logrou un máster polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1971.
Solchaga comezou a súa carreira profesional no Banco de España. Foi o xerente de estudos económicos e conselleiro do Banco de Vizcaya dende 1976 até 1979.
Carreira política Membro do Partido Socialista de Euskadi-PSOE dende 1974 (naquela época o PSE-PSOE agrupaba ós socialistas do País Vasco e Navarra), foi o número dous por Áraba nas listas do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) en 1979. O retroceso electoral socialista no País Vasco respecto das anteriores eleccións deixouno fóra do Congreso, ó que non accedeu até abril de 1980, tras a renuncia da cabeza de lista por Áraba. En devandita lexislatura, foi voceiro do Grupo Parlamentario "Socialistas Vascos" do Congreso dos Deputados, substituíndo a Txiki Benegas. Até a súa chegada ó Congreso, fora conselleiro de Comercio no Consello Xeral Vasco, o órgano preautonómico do País Vasco, baixo a presidencia de Carlos Garaikoetxea. Foi reelixido deputado nas eleccións de outubro de 1982, esta vez por Navarra (renovando escano pola mesma comunidade en 1986, 1989 e 1993).
Formou parte do primeiro gabinete de ministros de Felipe González. En decembro de 1982, foi nomeado Ministro de Industria e Enerxía,Edward Schumacher Spain's leader drops top aides in a big shuffle The New York Times 5 de xullo de 1985. Consultado o 19 de outubro de 2013 cargo dende o que impulsou o programa neoliberal de reconversión industrial, cunha considerable conflitividade laboral nos sectores afectados, especialmente o naval. En 1985, pasou a ocupar o Ministerio de Economía e Facenda de España, no que permaneceu até 1993.
En agosto de 1991, foi elixido presidente do Comité Interino (órgano executivo) do Fondo Monetario Internacional (FMI). A súa presidencia no FMI rematou en setembro de 1993 e foi sucedido polo Ministro de Economía de Bélxica, Philippe Maystadt. Tras as eleccións Xerais de 1993, foi elixido Portavoz do Grupo Socialista do Congreso dos Deputados. Mantivo fortes tensións coa facción "guerrista" do PSOE. En 1996 deixou a política activa pero non a vida pública.
A continuación dedicouse a traballar para o sector privado. Dende 1991, Solchaga ocupa diversos cargos como conselleiro e consultor externo de grandes corporacións sendo o secretario da Fundación Euroamérica ademais de estar vinculado a diferentes organismos culturais, como o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía, de cuxo Padroado foi nomeado vicepresidente. Tamén é membro de numerosas institucións, incluíndo PRISA e Renta Corporación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrada de na Enciclopedia Dixital Ilustrada do País Vasco "Auñamendi" Columnas de opinión económicas en Cincodias
Categoría:Nados en 1944 Categoría:Nados en Tafalla Categoría:Políticos de Navarra Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura)