dereita|miniatura|Partitura do rondó de Cordier de tema amoroso Belle, Bonne, Sage, en forma de corazón, con notas vermellas que indican alteracións rítimicas. Baude Cordier, nado cara a 1380 en Reims e finado antes de 1440, foi un compositor francés de música renacentista. Suxeriuse nalgunha ocasión que Cordier era o pseudónimo de Baude Fresnel.Wright, Craig, "Tapissier and Cordier: New Documents and Conjectures". En Quarterly, The Musical. 59. Número 2. Abril de 1973. 177–89.Reaney, Gilbert. "Cordier, Baude". En The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Ed. Stanley Sadie. Londres. Macmillan, 1980. [ISBN 1-56159-174-2] As súas composicións considéranse entre as máis representativas da ars subtilior. En liña con esa tendencia cultural, utilizaba adoito a cor vermella na súa notación para indicar alteracións rítmicas.Parrish, Carl. The Notation of Medieval Music. W. W. Norton, 1957.

Composicións Chegaron a nós tan só dez cancións seculares de Cordier, a maioría delas rondós: Algunhas delas, ritmicamente complexas, pertencen ao estilo francés da ars subtilior, como Amans amés secretement.Transcrita e comentada en: Davison e Apel. Historical Anthology of Music (HAM): Oriental, Medieval and Renaissance Music. Harvard University Press. 2014 [ISBN 978-0-674-33542-4] miniatura|Belle, bone, sage, de Baude Cordier.Outras son máis sinxelas, cunha grande énfase na melodía lírica, como Belle, Bonne, Sage; o seu manuscrito ten a forma dun corazón.Texto orixinal en francés e a súa tradución a inglés . dereita|miniatura|240x240px|Manuscrito da partitura de Tout par compas suy composés.Foi tamén autor dun canon circular titulado Tout par compas suy composés, cuxo manuscrito está escrito nun círculo.Bergsagel, John. "Cordier's Circular Canon" En The Musical Times. 113, Número 1.558. Decembro de 1972. Páxinas 1.175 a 1.177.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Partituras de Baude Cordier. En IMSLP Petrucci Music Library. Partituras de Baude Cordier . En Choral Public Domain Library.

Categoría:Nados no século XIV Categoría:Finados no século XV Categoría:Compositores de Francia Categoría:Compositores de música clásica