José Luís Gómez Núñez, finado en Tui o 4 de febreiro de 2015, foi un político galego.
Traxectoria Foi concelleiro da UCD en 1979. En 1983 foi elixido polo Partido Demócrata Liberal que encabezaba Juan Manuel Diz Guedes. Nas municipais de 1987 presentouse por Unión Tudense e foi tenente de alcalde con Juan Miguel Diz Guedes de alcalde. Logo da dimisión de Diz Guedes, foi elixido alcalde o 24 de xaneiro de 1990. En 1991 ingresou no PSdeG-PSOE e foi o seu candidato á alcaldía nese ano e en 1995, logrando 5 e 3 concelleiros respectivamente, quedando na oposición fronte ao candidato do PPdeG Miguel Ángel Capón Rey que logrou a maioría absoluta e foi elixido alcalde. En febreiro de 1998 apoiou unha moción de censura encabezada polo que fora ata uns meses atrás concelleiro popular Antonio Fernández Rocha, se ben non entrou no goberno deste. En 1999 logrou tan só 1 concelleiro e renunciou á acta o 28 de outubro dese mesmo ano.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Tui
Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Finados en 2015 Categoría:Nados en ano descoñecido