Cousas que trouxo a chuvia é unha obra de teatro escrita e dirixida por Roberto Salgueiro. Foi estreada en decembro de 2016 pola Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela no Salón Teatro da vila compostelá"A Aula de Teatro da USC estrea na sede do Centro Dramático Galego Cousas que trouxo a chuvia ", artigo na web da Axencia Galega das Industrias Culturais.. A obra desenvólvese arredor dunha mesa de amasar nunha abafante tarde de verán na que rompe a chover. As protagonistas, tres mulleres, contan historias cotiás sobre os veráns da infancia no campo: un pai ausente, unha nai que amasaba, a seriedade dunha profesora de ballet ou a fábrica na que se traballaba de sol a sol.
O elenco de actores na presentación da obra estivo formado por Julia Ammerman ao piano, Lara Pouso, Carmen Tomás e Alba López.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Cousas que trouxo a chuvia. Ficha na web da Aula de teatro da USC.
Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de 2016 Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes