Miguel Ángel Capón Rey, nado en Tui o 5 de outubro de 1946, é un perito industrial e político galego.
Traxectoria Perito mercantil e auditor xubilado. Nas municipais de 1987 presentouse na candidatura de Unión Tudense encabezada por Juan Miguel Diz Guedes. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. En febreiro de 1998 unha moción de censura encabezada por Antonio Fernández Rocha, que abandonara o grupo popular xunta outros 4 edís, retirouno da alcaldía. Encabezou de novo a candidatura do PPdeG en 1999 máis foi superado por Fernández Rocha, que concorría como independente. Tralo regreso deste ao PPdeG volveu presentarse polo partido Acción Tudense en 2003 e foi elixido concelleiro e portavoz do grupo. Concorrendo de novo en 2007, 2011 e en 2015Capón Rey encabeza Alternativa Tudense y lleva a Villaverde, del PP. Tras estas últimas eleccións integrouse no goberno socialista de Enrique Cabaleiro e mantívose nel ata que foron desaloxados por unha moción de censura orquestrada por C 21 e o PPdeG en outubro de 2017. Non concorreu de novo en 2019 e retirouse da política.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Tui
Categoría:Alcaldes de Tui Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Tui Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1946