Adriano Celentano, nado en Milán o 6 de xaneiro de 1938, é un cantante, actor e cineasta italiano. Grazas á súa traxectoria de cincuenta anos e os seus grandes éxitos está considerado un dos piares da música italiana. O Seu carácter fixo que Celentano se convertese nun personaxe símbolo e icona da sociedade do seu país despois da segunda guerra mundial.
Traxectoria Adriano Celentano naceu en Milán no número 14 da Via Gluck, sobre a cal en 1966 escribiu a canción "Il ragazzo della via Gluck". Os seus pais eran de Foggia (Apulia), e foran ao norte na procura de traballo. . Celentano iniciouse no mundo do espectáculo como imitador e cómico nos cabarés da súa cidade natal. O seu debut oficial como cantante tivo lugar en 1957 no Primeiro Festival do Rock And Roll celebrado n palacio de xeo de Milán. Estaba fortemente influenciado polo seu ídolo Elvis Presley así como pola revolución do rock da década de 1950. Coñeceu tamén o baile de moda do Hula hoop. Desde entón comezou a interpretar cancións inspiradas en xéneros tan diversos como a música soul, o tango, os valses etc.
En 1965 empezou a dedicarse tamén ao cine, como director e como actor. Foi creador dun xénero cómico, co seu andar característico e as súas expresións faciais. En boa parte as súas películas foron un éxito comercial. A crítica sinala Serafino (Pietro Germi, 1968) como o seu mellor traballo como actor. Celentano interpretou o papel dun mozo de Nápoles, que cada vez que o chamaban polo seu nome, respondía sempre cantando as estrofas de "Mamma", unha vella cantiga da súa vila natal.
Como director de cine traballou con frecuencia con Ornella Muti, Eleonora Giorgi e a súa esposa, Claudia Mori, con quen tivo tres fillos: Rosita, Giacomo e Rosalinda Celentano, que acadou sona co seu papel como o Demo no filme The Passion of the Christ de Mel Gibson (2004).
Como cantante, publicou corenta álbums: vinte e nove de estudio, tres en directo e oito compilatorios. Entre as súas cancións máis coñecidas están "La coppia piu' bella del mondo" (1967, disco de ouro)Murrells, Joseph (1978): The Book of Golden Discs. Londres, Barrie and Jenkins Ltd. Páx. 217. ISBN 978-0-214-20512-6 ., "Azzurro" (1968, con letra de Paolo Conte) e "Prisencolinensinainciusol" (1972). A comezos da década de 1970 acadou o éxito con cancións como "Viola" (anos máis tarde interpretouna en formato dúo canda a Ivano Fossati), "Sotto le lenzuola" (a última canción coa que participou no Festival da Canción de Sanremo, en 1971), e "Er più", escrita por Carlo Rustichelli e que figura na banda sonora da película do mesmo nome.
Filmografía Películas +AnoTítuloDirectorObservacións1959I ragazzi del juke-boxLucio FulciDai Johnny dai! (Go, Johnny, Go!)Paul Landres e Piero VivarelliJuke box - Urli d'amoreMauro Morassi1960Urlatori alla sbarraLucio FulciLa dolce vitaFederico FelliniCameoSanremo - La grande sfidaPiero Vivarelli1961Balliamo insieme il twist (Hey, Let's Twist)Greg Garrison1961Io bacio... tu baciPiero Vivarelli1963Il monaco di MonzaSergio Corbucci 1963Uno strano tipoLucio Fulci1964I malamondoPaolo Cavara1964Per un pugno di canzoniJosé Luis Merino1968La più bella coppia del mondoCamillo Mastrocinque1971Er più - Storia d'amore e di coltelloSergio Corbucci1972Bianco, rosso e...Alberto Lattuada1973Le cinque giornateDario ArgentoL'emigrantePasquale Festa CampanileRugantinoPasquale Festa Campanile1975Aria, secondo episodio di Di che segno sei?Sergio Corbucci1976Bluff - Storia di truffe e di imbroglioniSergio CorbucciCulastrisce nobile venezianoFlavio Mogherini1977L'altra metà del cieloFranco RossiEcco noi per esempio...Sergio Corbucci1978Zio Adolfo in arte FührerCastellano e Pipolo1979Mani di vellutoCastellano e PipoloVenerdìCastellano e PipoloEpisodio terceiro de Sabato, domenica e venerdì1980Il bisbetico domatoCastellano e PipoloLa locandieraPaolo CavaraQua la manoPasquale Festa Campanile(episodio Il prete ballerino)1981AssoCastellano e PipoloInnamorato pazzoCastellano e Pipolo1982Bingo BongoPasquale Festa CampanileGrand Hotel ExcelsiorCastellano e Pipolo1983Segni particolari: bellissimoCastellano e PipoloSing SingSergio Corbucci1985Lui è peggio di meEnrico Oldoini1986Il burberoCastellano e Pipolo1992JackpotMario Orfini
Como director +AnoPelículaDirectorObservacións1964Super Rapina a MilanoAdriano Celentanoxunto con Piero Vivarelli1975Yuppi DuAdriano Celentano1978Geppo il folleAdriano Celentano1985Joan Lui - Ma un giorno nel paese arrivo io di lunedìAdriano Celentano
Programas de televisión Adriano Clan (1964) Adriano Clan 2 (1965) C'è Celentano (1972) Arriva il Celebre (1977) Fantastico 8 (1987-1988; RAI, xunto a Heather Parisi, Renato Rascel, Marisa Laurito e Teo Teocoli) Svalutation (1992) Francamente me ne infischio (1999) 125 milioni di caz..te (2001) Rockpolitik (2005)
Discografía Álbums de estudio Azzurro (1960) Peppermint twist (1962) A New Orleans (1963) Super (1965) Il ragazzo della via Gluck (1966) Una ragazza in un pugno (1968) Le robe che ha detto Adriano (1969) Il Forestiero (1970) Er Più (1971) Con me nel Clan (1971) I Mali Del Secolo (1972) Nostalrock (1973) Yuppi Du (1974) Bellissima (1975) I miei americani (1984) Joan Lui (1985) I miei americani 2 (1986) La pubblica ottusità (1987) Il re degli ingnoranti (1991) Quel punto (1994) Mondo in mi 7a (1996) Mina Celentano (1998) Io non so parlar d'amore (1999) Esco di rado (e parlo ancora meno) (2000) Il cuore, la voce (2001) Per sempre (2002) Le volte che Celentano è stato 1 (2003) C'è sempre un motivo (2004) L'indiano (sinxelo; 2005) La Tigre e il Molleggiato (2006) Dormi Amore, la situazione non e buona (2007) L´Animale (2008) Facciamo finta che sia vero (2011)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Discografía completa en Music City Filmografía
Categoría:Nados en Milán Categoría:Nados en 1938 Categoría:Cantantes de Italia Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Actores de cinema de Italia