Alegría foi un semanario editado en Vigo de outubro de 1909 a agosto de 1910.

Historia e características Semanario satírico e ilustrado con caricaturas, aparece en 1909. Fundado e dirixido por Francisco Miguel Llanos Trápaga. Entre os seus colaboradores figuraron Maximiliano Vidales Espinosa e José Cao Moure. Promoveu varios concursos, entre eles un de fotografías de nenos. Publicou 36 números.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1909 en Galicia Categoría:Revistas editadas en Galicia