Letras y Deportes foi unha revista editada en Vigo en 1909.
Historia e características Revista literaria e deportiva, apareceu o 18 de xaneiro de 1909. Semanario dirixido por Miguel de Zárraga,Galicia Nueva, 20-1-1909, p. 1. foron os seus redactores o propio director Miguel de Zárraga, Humberto Cuíñas, Avelino Rodríguez Elías e Herberto Blanco Rodríguez. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Faro de Vigo.
Está considerada como unha das primeiras publicacións do xénero en Galicia. Cesou probablemente co número vinte.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1909 en Galicia Categoría:Xornais deportivos de España Categoría:Revistas literarias de España