O capelánLahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 59. (Mallotus villosus) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos osmeriformes e familia dos osméridos, a única pertencente ao xénero Mallotus,Mallotus, Cuvier, 1829 no WoRMS,Mallotus, Cuvier, 1829 no ITIS. que vive nas costas dos océanos Atlántico norte e Glacial Ártico.
O seu nome galego segue a súa denominación noutros idiomas próximos (castelán, capelán ou capelín; portugués, capelim; francés, capelan; italiano, capelano, inglés, capelin).
É un peixe pequeno que viven a uns 300 m de profundidade. As súas míllaras están consideradas como un produto de alto valor comercial, sobre todo no Xapón, onde se combina co wasabi e véndese como «caviar de wasabi». Aparece na moeda de 10 coroas de Islandia.
Características As principais características morfolóxicas do capelán son as seguintes:Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982), p. 126.Muus, Bent J. et al. (1998), p. 98. Mallotus villosus (Müller, 1776) en FishBase. Corpo esvelto de até uns 20 cm de lonxitude, aínda que ordinariamente roldan os 15 cm.Muus, B. & P. Dahlström (1978): Meeresfische der Ostsee, der Nordsee, des Atlantiks. München: BLV Verlagsgesellschaft. O tamaño máximo rexistrado foi o dunha femia que medía 25,2 cm, e o peso máximo rexistrado alcanzou os 52 g.Velikanov, A. Y. (1993): "Capelin", p. 105-109 en F. S. Terziev, ed. Project "The seas". Hydrometeorology and hydrochemistry of the seas. Vol. 9. Sea of Okhotsk. Sankt-Peterburg: Gidrometeoizdat. Boca con dentes palatais pequenos. Colaración prateada nos flancos e na rexión ventral, e verde olivácea na dorsal. Liña lateral con polo menos 150 escamas nunha fileira lonxitudinal. Os machos teñen unhas longas excrecencias pilosas sobre as grandes escamas da liña lateral. Aleta dorsal sostida por de 10 a 14 raios brandos, e a anal por de 16 a 23 raios, así mesmo brandos. Presenta unha aleta adiposa de base longa e co extremo externo só lixeiramente curvado. Os machos teñen as aletas torácicas máis longas que as femias. Columna vertebral formada por de 62 a 73 vértebras.
Bioloxía
Hábitat e distribución Malllotus villosus é un peixe mariño que tamén se pode encontrar en augas doces e salobres (é anádromo), que frecuenta augas frías (duns 32 °C). Nos océanos é peláxico, vivindo agrupado en cardumes a profundidades de entre os 0 e os 725 m, usualmente a 150–200 m. Durante o día encóntrase xeralmente contra os 150 m de profundidade, e de noite na superficie do mar.
miniatura|280px|Distribución dos cardumes e migracións do capelán nas zonas de alimentación e de reprodución no Atlántico norte, ao redor de Islandia. En verde: zonas de alimentación dos adultos.En azul: distribución dos xuvenís.Frechas verdes: migracións alimentarias.Frechas azuis: migracións de retorno.En vermello e frechas vermellas: migracións de desova: zonas principais de desova e itinerairios de deriva das larvas.
A súa área de dispersión abarca desde os 79 °N e os 40 °N, e os 180 °O e os 180 °L. A súa distribución é circumpolar no Ártico. No Atlántico norte encóntrase desde o mar de Barents até a illa do Oso (nas Svalbard) polo norte, até as costas de Islandia e os mares Branco e de Noruega polo sur e, pasando polas costas do sur de Groenlandia, chega desde a baía de Hudson no Canadá, polo norte, até o golfo de Maine, nos Estados Unidos, polo sur. No Pacífico norte encóntrase desde o sur da península de Corea até o estreito de Juan de Fuca, que fai fronteira entre os Estados Unidos e o Canadá.
Nutrición Os adultos aliméntanse de peixes pequenos, copépodos, eufausiáceos (krill), anfípodos, vermes mariños e crustáceos planctónicos.Hart, J. L. (1973): "Pacific fishes of Canada". Bull. Fish. Res. Board Can. 180, 740 p.Muus, B. J. & J. G. Nielsen (1999): Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book. Hedehusene, Denmark. 340 p.
Reprodución Alcanzan a madurez sexual entre os 2 e os 5 anos de vida, cando acadan un tamaño de entre os 15 e os 19 cm (13,5 cm de media).
Os individuos maduros desprázanse na primavera e no verán até as costas en grandes cardumes para a desova. Os machos adoitan chegaren ás áreas de reprodución antes do que as femias.
As femias producen entre 6 000 e 12 000 óvulos adherentes, de entre 0,6 e 1,2 mm de diámetro, que depositan en sucos na area do fondo, ou entre algas ou rochas, a unha profundidade de entre os 2 e os 100 m. No mar de Barents encontráronse até 400 millóns de ovos por quilómetro cadrado. A maioría dos adultols, especialmente os machos, morren despois da desova.
Os ovos eclosionan, en augas dunha temperatura din 4 °C, ao cabo duns 40 días, e as larvas miden uns 5 mm ao naceren. Os capelán alcanzan unha lonxevidade duns 7 anos. A idade máxima rexistrada foi de 10 anos.Beverton, R. J. H.; J. R. Beddington & D. M. Lavigne (1985): Marine mammals and fisheries. Boston: G. Allen & Unwin.
Taxonomía Descricións Xénero O xénero Mallotus foi descito en 1829 polo naturalista francés Georges Cuvier, na súa monumental obra Histoire naturelle des poissons, publicada en 22 volumes entre 1828 e 1848, rematada por Valenciennes, pois Cuvier faleceu en 1832.
Especie En canto a especie xa fora descrita moito antes, en 1776, polo naturalista danés Otto Friedrich Müller, que a denominou Clupea villosa,Mallotus villosus (Müller, 1776) no WoRMS. polo seu parecido coa sardiña ou o arenque e outros clupeidos. Posteriormente foi reclasificada nos xéneros Salmo e Osmerus, até que definitivamente foi situada como única especie do xénero Mallotus.
Etimoloxías Nome xenénerico O nome do xénero, Mallotus, é un substantivo do latín científico tirado do grego antigo μαλλoτός mallotós, "laúdo", derivado de μαλλόσ mallós, "estriga (ou guedella) de la" e -oτος -otos, sufixo grego formador de adxectivos, en referencia ás excrecencias pilosas sobre as escamas da liña lateral dos machos.
Nome específico En canto ao epíteto específico, villosus, é o nominativo masculino singular do adxectivo latino villosus, -a, -um, "viloso", "peludo", "cuberto de pelo", que fai referencia á mesma característrica das escamas da liña lateral dos machos.
Nome vulgar O nome vulgar, capelán, deriva do nome vulgar francés capelan, que vén do francés antigo chapelain, vía o occitano capelan, derivado do latín eclesiástico capellānus, -i, "capelán", sacerdote a cargo dunha capelanía. As denominacións nas outras linguas modernas (citadas ao principio do artigo, e tamén a alemá, Kapelan), derivan da francesa.
Sinónimos A especie coñeceuse, ademais de polo nome actualmente válido, e polo que lle impuxo Müller, coñeuse tamén polos sinónimos:
Clupea villosa Müller, 1776 (basónimo) Mallotus catervarius (Pennant, 1784) Mallotus villosus catervarius (Pennant, 1784) Mallotus villosus socialis (Pallas, 1814) Osmerus villosus (Müller, 1776) Salmo catervarius Pennant, 1784 Salmo groenlandicus Bloch, 1794 Salmo socialis Pallas, 1814
Subespecies Algúns autores cosideran, dentro da especie, as dúas subespecies seguintes:Mallotus villosus (Müller, 1776) no ITIS.
Mallotus villosus Mallotus villosus socialis (Pallas, 1814) – capelán do Pacífico. Mallotus villosus villosus (Müller, 1776) – capelán do Atlántico.
Importancia económica e usos O capelán é unha das especeis clave no ecosistema ártico, xa que constitúen un dos elementos principais da dieta de bacallaus, carboeiros,Nome dado por Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario, p. 92. baleas, focas e diversas aves mariñas. No maior evento de depredación xamais observado, dez millóns de capeláns (dun cardume de 23 millóns de individuos) foron depredados por un grupo de 2,5 millóns de bacallaus.
Así mesmo é obxecto de activa pesca en toda a súa área de dispersión. No mar de Barents captútrase con traíñas e artes de arrastre peláxico.
As súas míllaras convertéronse nunha delicatesse en Noruega. Pero quizais onde este produto alcanza o maior valor comercial é sobre todo no Xapón, onde se combina co wasabi e véndese como «caviar de wasabi».
Os machos empréganse sobre todo para a fabricación de fariña de peixe, pero tamén son obxecto de consumo humano, comercializándose en fresco, conxelado ou en conserva. Consómese fresco, fritido, ou seco.
Así mesmo utilízase como carnada para a pesca de bacallau con cana.
As súas capturas anuais varían moito de ano en ano, pero durante uns anos foron de entre un e dous millóns de toneladas.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0685-6. Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald & H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, U.S.A.: Houghton Mifflin Company. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.
Outros artigos Osmeriformes
Ligazóns externas Mallotus villosus Muller 1776 en Fossilworks. Mallotus villosus (Müller, 1776) no WoRMS. Mallotus villosus (Müller, 1776) no ITIS. Mallotus villosus (Müller, 1776) na FishBase. Mallotus villosus na EOL.
Categoría:Osmeriformes Categoría:Animais descritos en 1776 Categoría:Produtos da pesca