Allosmerus elongatus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos osmeriformes e familia dos osméridos,Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) no WoRMS.Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) no ITIS. a única pertencente ao xénero Allosmerus,Allosmerus Hubbs, 1925 no WoRMS.Allosmerus Hubbs, 1925 no ITIS. que habita nas costas do noroeste do Pacífico, desde a illa de Vancouver (Canadá) até San Francisco (California)Froese R. & Pauly D., eds. (2017): Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) na FishBase. (Versión outubro de 2016).
É unha especie de eperlán, pouco abundante, e sobre a que se coñece moi pouco.Moyle, P. B. (2002): Inland fishes of California. 2ª ed. Berkeley/Los Angeles, California: University of California Press. ISBN 978-0-520-22754-5, p. 226.
Características É un pequeno peixe de corpo esvelto, de 18 a 23 cm de lonxitude e ollos grandes. A súa de coloración é gris verdella no lombo e prateada na rexión ventral, cunha banda prateada máis brillante ao longo do flancos. A diferenza da maioría das outras especies de osméridos, que xeralmente non teñen dentes grandes no padal, esta especie ten un único dente grande no centro do vómer, que ás veces está acompañado por dentes máis pequenos, un a cada lado. Os machos adultos teñen unha aleta anal moi longa.Eschmeyer, W. N. et. al. (1983), p. 81.
Hábitat e distribución Allosmerus elongatus é un peixe mariño, demersal, bentopeláxico, non migratorio, que nada nas costas en augas temperadas a profundidades de entre 1 e 103 m,Love, M. S.; C. W. Mecklenburg; T. A. Mecklenburg and L. K. Thorsteinson (2005): Resource Inventory of Marine and Estuarine Fishes of the West Coast and Alaska: A Checklist of North Pacific and Arctic Ocean Species from Baja California to the Alaska-Yukon Border. Seattle, Washington: U.S. Department of the Interior, U.S. Geological Survey, Biological Resounces Division. no Pacífico nororiental, desde a illa de Vancouver (Canadá) até San Francisco (California, Estados Unidos de América), entre os 50° N e o 35° N, e os 129° W e os 121° W, aínda que algúns espécimes se teñen atopado máis lonxe, cara ao sur, como na baía de San Pedro, á altura dos Ánxeles.
Bioloxía Son relativamente abundantes nas baías. Reúnense en cardumes para a desova en zonas areosas submareais. Teñen importancia na cadea trófica, porque serven como alimento para peixes máis grandes.
Usos Este peixe ten relativamente pouca importancia económica, pero durante a primavera e o verán é utilizado como engado por algúns pescadores.McClane, A. J. (1978): McClane's field guide to saltwater fishes of North America. New York: Macmillan. ISBN 978-0-8050-0733-6, pp. 79-80.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1854 polo médico e ictiólogo Estados Unidos de América William Orville Ayres, baixo o nome de Osmerus elongatus, en Proceedings of the California Academy of Sciences Vol. 1 (3-22). Tamén foi descrita como Osmerus attenuatus por W. N. Lockington en 1880.Lockington, W. N. (1880): "Description of a new genus and some new species of California fishes (Icosteus aenigmaticus and Osmerus attenuatus). Proc. US Nat. Mus. 80: 63-68. Ambas as especies determináronse como conespecíficas en 1946.McAllister, D. E. (1963): "A revision of the smelt family, Osmeridae". National Museum of Canada Bulletin 191: 29-31.
Posteriormente foi reclasificada dentro do xénero Allosmerus, que describiu en 1925 o tamén ictiólogo estadounidense Carl Leavitt Hubbs.
Etimoloxía Xénero O nome do xénero, Allosmerus, está formado polo elemento do latín científico allo-, tirado do grego antigo ἄλλος állos, "outro", anteposto ao nome do xénero Osmerus. Literalmente: "outro Osmerus". Especie O epíteto específico, elongatus, é o nominativo masculino singular do adxectivo do latín científico elongatus, -a, -um, derivado do verbo latino ēlongare, "alongar".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald & H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston/New York, USA: Houghton Mifflin Company. ISBN 978-0-618-00212-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
Outros artigos Osmeriformes Osméridos
Ligazóns externas Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) no WoRMS. Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) no ITIS. Allosmerus elongatus (Ayres, 1854) na FishBase. Allosmerus elongatus na ADW. Allosmerus elongatus na EOL. Allosmerus Hubbs 1925 en Fossilworks.
Categoría:Osmeriformes Categoría:Animais descritos en 1854