José Monteagudo Rodríguez, nado en Carballo en 1899, foi un político galego.

Traxectoria Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro de Carballo e nomeado 1º tenente-alcalde. Logo da dimisión do alcalde Francisco Bolón Moreira en 1932, foi elixido alcalde de Carballo. Foi destituído polo gobernador civil en setembro de 1934.La Voz de Galicia, 29-9-1934, p. 9. Volveu ser alcalde en 1936. Foi deputado provincial. Foi o último alcalde de Carballo da II República. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. Detido, foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Concelleiros das corporacións republicanas "Alcaldes de Carballo, do franquismo á primeira corporación democrática", en La Voz de Galicia, 25 de xuño de 2008.

Categoría:Alcaldes de Carballo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes