Fernandel é o nome artístico co que era coñecido Fernand Joseph Désiré Contandin, nado en Marsella o 8 de maio de 1903 e finado en París o 26 de febreiro de 1971. Foi un actor, cómico e cantante francés de orixe occitana, que comezou no vodevil e na opereta, onde gañou popularidade pouco a pouco. O seu nome artístico provén do seu matrimonio con Henriette Manse, a irmá do seu mellor amigo e colaborador de cine Jean Manse. Tan atento era coa súa muller que a súa sogra referíase a el como Fernand d'elle ("o seu Fernand").Fernandel 1903–1971 (biography) . French Film Guide.

Traxectoria miniatura|Fotograma de La loi, c'est la loi, con Fernandel na esquerda e Totò á dereita. En 1930, Fernandel apareceu no seu primeiro filme e, a continuación converteuse no principal actor cómico de Francia. A súa carreira de actor durou preto de corenta anos. Fernandel estaba orgulloso da súa cara de cabalo e os dentes grandes que lle daban un carácter inconfundible cando ría ou se anoxaba.

O papel de Fernandel que máis o caracterizou e o que máis gustou ó público foi a representación da figura do irascible sacerdote italiano da aldea que sempre estaba confrontado co conselleiro comunista na serie de filmes Don Camillo.

Fernandel actuou con outros comediantes famosos, como Bourvil ("La cuisine au Beurre") e tamén coproduciu algúns dos seus filmes.

Contra a fin da súa carreira activa, Fernandel apareceu nalgún filme de Hollywood. No ano 1956, participou con David Niven na Volta ao mundo en oitenta días no papel do condutor. A continuación, actuou tamén con Bob Hope e Anita Ekberg na comedia Paris Holiday.

Fernandel morreu de cancro de pulmón e foi enterrado no cemiterio de Passy en París.Biographie sur fernandel.online.fr.

Carreira profesional 1931. On purge bébé. Director: Jean Renoir. 1937. Un carnet de bal. Director: Julien Duvivier 1951. Le petit monde de Don Camillo. Director: Julien Duvivier 1952. Le boulanger de Valorgue. Director: Henri Verneuil 1953. Le retour de Don Camillo. Director: Julien Duvivier 1954. Ali Baba et les quarante voleurs. Director: Jacques Becker 1955. Don Camillo e l'onorevole Peppone. Director: Carmine Gallone 1956. El Amor de don Juan. Director: John Berry 1956. A volta ao mundo en oitenta días. Director: Michael Anderson 1957. L'homme à l'imperméable. Director: Julien Duvivier 1957. Vacances a París (Paris Holiday) 1961. Don Camillo monsignore ma non troppo. Director: Carmine Gallone 1961. Il giudizio universale. Director: Vittorio De Sica 1963. Cuinar amb mantega 1965. Il compagno Don Camillo. Director: Luigi Comencini

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1903 Categoría:Nados en Marsella Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Actores de teatro de Francia Categoría:Cantantes de Francia Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Finados en 1971