O carrapuchoForma recomendada no bUSCatermos. ou pata de galiña (Chondrus crispus) é unha alga vermella (filo Rhodophyta) moi abundante, que en ocasións forma céspedes, sempre sobre superficies rochosas. Atópase en todas as costas atlánticas de Europa e Norteamérica.

Trátase dunha especie con valor económico. Aprovéitanse os polisacáridos complexos da súa mucilaxe, que forman a maior parte do seu peso logo de deshidratadas. En medicamento emprégase como emoliente e laxante, consumida en infusión. Empréganse como emulsionantes pola industria alimentaria e tamén na cociña doméstica.

Propiedades

Principios activos: contén abundante mucilaxe, até un 80 % (carraxenanas) e sales minerais. Indicacións: úsase como droga (antiinflamatoria, protector das mucosas); saciante, redutor da absorción intestinal de lípidos e glúcidos, laxante, inmunoestimulante e antitusivo. Emoliente, sudorífico. Indicado contra a gripe, arrefriados, farinxite, larinxite, bronquite, enfisema e asma. Gastrite, úlceras gastroduodenais e estrinximento. Coadxuvante no tratamento do sobrepeso, hiperlipidemias e diabetes. A nivel intestinal pode interferir na absorción de sales minerais, vitaminas e outros medicamentos, se se administran ao mesmo tempo. En pacientes diabéticos, controlar a glicemia, ante a posibilidade de que se requira axustar as doses de insulina ou de antidiabéticos orais.

As algas córtanse a rentes do chan, lávanse con auga doce e déixanse secar ao aire libre póndose pálidas co sol. Cando o musgo está seco ponse en auga e quéntase, e desaparece nesta, e ao arrefriar calla nunha xelea.

Decocción: unha cullerada de sobremesa por cunca. Ferver cinco minutos, dúas ou tres cuncas ao día.

Para combater a tose, férvese unha onza de regalicia durante media hora nun litro de auga, cóase e ponse de novo ao lume; engádenselle cinco gramos de musgo e déixase ferver cinco minutos máis.

Para o estrinximento crónico, ponse a remollo (auga fría) media onza de musgo cortado en anaquiños. Ponse a ferver 15 gramos de ameixas nun litro de auga durante 15 minutos; quítanselle os ósos e as peles e a polpa feita papa ponse ao lume con dúas ou tres culleradas de mel e o musgo a remollo até conseguir unha xelea clara. Tomar unha boa cunca antes de deitarse ou despois das comidas se non é suficiente.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Vanaclocha B, Cañigueral S. (2003). Vademécum de prescrición. Barcelona: Elsevier-Masson.

Ligazóns externas Flora e fauna en asturnatura Páxina de portalfarma Marine Life Information Network

Categoría:Plantas medicinais Categoría:Algas vermellas