O España foi un xornal publicado en Tánxer entre 1938 e 1967.
Historia Fundado en 1938, por inspiración do alto comisario de España en Marrocos, Juan Beigbeder, o xornal sacou o seu primeiro número o 25 de outubro de 1938. O seu fundador e primeiro director foi o xornalista Gregorio Corrochano. O diario foi publicado nun contexto en que Falanxe editaba varios diarios no norte de África, incluída a Zona Internacional de Tánxer. Aínda que se editaba na cidade tanxerina, a liña editorial de España non prestaba moito interese polos asuntos africanos e, pola contra, si o facía sobre os asuntos españois e internacionais. Tamén adoitaba ofrecer abondosas crónicas taurinas. No seu mellor momento chegou a ter unha tirada diaria de 50.000 exemplares. O España converteuse no principal diario español do norte de África. Malia as súas orixes, a súa redacción acolleu a moitos exiliados republicanos. Na década de 1950, publicou un suplemento satírico, Don José, baixo a dirección de Antonio Mingote. O seu derradeiro número foi do 31 de outubro de 1967.
Tras a súa desaparición, foi sucedido polo Sol de España, que se publicou en Málaga entre 1967 e 1982.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornais de España desaparecidos Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Tánxer