International Consolidated Airlines Group, S.A., normalmente abreviado como IAG, é unha compañía multinacional de aeroliñas británico-española coa súa sede operacional en Londres e rexistrada en Madrid. Creouse en xaneiro de 2011 pola fusión de British Airways e Iberia, as aeroliñas nacionais do Reino Unido e España respectivamente, mantendo British Airways o 55% da nova compañía. É a sexta compañía de aeroliñas máis grande do mundo, producindo uns ingresos de 18,27 mil millóns de libras no ano 2015. A compañía está listada nas bolsas de Londres e Madrid. Forma parte do índice FTSE 100 e do IBEX 35.

Historia British Airways e Iberia asinaron un acordo preliminar de fusión en novembro de 2009. En abril de 2010 ámbalas dúas aeroliñas asinaron o acordo completo para fusionarse, coa intención de completar o proceso a finais dese mesmo ano, dependendo de asegurar as aprobacións regulamentarias precisas. A fusión rematouse o 21 de xaneiro de 2011, e as accións da nova compañía comezaron a operar nas bolsas de Londres e Madrid o 24 de xaneiro.

En marzo de 2011 IAG acordou mercar oito Airbus A330-300 e a coller opcións para oito máis para ser usados na frota de longo alcance de Iberia. O 6 de outubro dese ano a compañía creou Iberia Express, unha nova aeroliña de baixo custo para operar rutas curtas e medias dende o centro de conexións de Madrid e nutrir a rede de longo alcance de Iberia. Iberia Express comezou as súas operacións o 25 de marzo de 2012. miniatura|250px|Derivas de Iberia e British Airways O 4 de novembro de 2011 IAG acordou en principio mercarlle British Midland International (BMI) a Lufthansa por unha cantidade non revelada, nun contrato que incrementaría a porcentaxe de slots de IAG en Heathrow do 45% ao 54%. O 22 de decembro IAG acordou con Lufthansa mercar BMI por 172,5 millóns de libras. O 30 de marzo de 2012 aprobouse a compra de BMI, coa condición de que o grupo combinado se desfixese de 12 slots dirios e alugase 2 diarios en Heathrow. A adquisición foi completada o 20 de abril, e a frota e rutas de BMI integráronse no calendario de British Airways ao longo dese ano.

O 8 de novembro de 2012 IAG realizou unha oferta en efectivo para mercar Vueling, a aeroliña de baixo custo baseada en Barcelona. A oferta foi de 7 euros por acción ordinaria, prevéndose un custo total de adquisición duns 113 millóns de euros. Foi financiada con recursos internos de IAG. Os activos totais de Vueling a 30 de setembro dese ano eran de 805 millóns de euros, e nos nove meses antes desa data xerara eneficios de 59 millóns antes de impostos. A xunta de Vueling aceptou o 9 de abril de 2013 unha mellor oferta de 9,25 euros, e recibiu a aprobación da maioría do accionariado o 23 de abril. IAG fíxose co control de Vueling o 26 de abril En decembro de 2012 IAG completou a fusión das operacións de carga de British Airways, BMI e Iberia nunha única unidade de negocios, IAG Cargo.

En abril de 2013 IAG confirmou a conversión das súas opcións para mercar 18 Boeing 787 Dreamliner en pedidos en firme, nun contrato por valor duns 4,8 mil millóns de dólares. O avión substituiría a algúns dos Boeing 747 de British Airway entre 2017 e 2021. O 16 de outubro Iberia revelou unha nova librea que comezaría a usar dende finais do mes de novembro dese ano.

No Farnborough Airshow de 2014 IAG converteu as opcións para 20 Airbus A320neo en pedidos en firme que substituirán a 21 avións de rutas curtas de British Airways.

En xaneiro de 2015 IAG fixo unha oferta de 1 000 millóns de libras por Aer Lingus. Agardábase que se aceptase, despois de rexeitar dúas ofertas anteriores. No mes de maio o goberno irlandés accedeu a vender as súas accións en Aer Lingus a IAG, como xa fixera a xunta de administración finais de xaneiro. A toma de posesión fíxose irreversible o 18 de agosto.

O 1 de marzo de 2015 Stephen Kavanagh foi nomeado CEO de Aer Lingus e director executivo do seu consello de administraión. No mes de outubro Rachel Izzard foi nomeada directora financeira e tamén entrou no seu consello de administración (antes de unirse a Aer Lingus, Rachel Izzard era directora financeira de IAG Cargo). En novembro Alex Cruz foi nomeado CEO de British Airways. Steve Gunning foi nomeado director financeiro de British Airways.

En abril de 2016 anunciouse que Qatar Airways incrementara o seu accionariado en IAG do 9.99% ata case o 12%. No mes de maio Qatar Airways volveu a aumentar o seu accionariado ata o 15.01%.

Divisións, subsidiarias e franquías miniatura|225px|A320 de Aer Lingusminiatura|225px|A319 de British Airwaysminiatura|225px|A321 de Iberiaminiatura|225px|A320 de Vueling A estrutura das principais compañías é a seguinte: Aer Lingus Aer Lingus Regional (franquía) British Airways BA CityFlyer OpenSkies Comair (18% de accións) SUN-AIR (franquía) IAG Cargo (fusión entre Iberia Cargo e British Airways World Cargo) Iberia Air Nostrum (franquía, comercializada como Iberia Regional) Iberia Express Vueling Avios Group, opera o programa de viaxeiro frecuente de IAG

Notas

Categoría:Aeroliñas Categoría:Ibex 35